plantas

plantas

xoves, 26 de marzo de 2020

26/03/2020





BOS  DÍAS  A  TOD@S!!!


Que tal estades? Preparados para comezar o traballo proposto para hoxe ?

Si?  Pois imos aló!!!

Empezamos por L.GALEGA e, como xa rematamos o Tema 8, facedes un repaso da unidade copiando e completando o resumo da páxina 136. Xa sabedes como hai que facelo!


Seguimos con MATEMÁTICAS na páxina 122. Imos traballar coas expresións complexas (cando utilizamos dúas ou máis unidades) e incomplexas (cando utilizamos unha soa unidade).
Lembrade que podedes utilizar a táboa de unidades para pasar as expresións de complexas a incomplexas ou de incomplexas a complexas. Poñendo a táboa resulta moito máis doado!!!


kg
hg
dag
g
dg
cg
mg













Despois realizades as actividades 1,2,3 e 4.

Agora toca L.CASTELÁ. Poñedes na páxina 129 e ledes, con moita calma, os cadros cos recursos literarios (a comparación, a personificación e a metáfora) .
A continuación, facedes a actividade 1 (lendo os textos e contestando ás preguntas que aparecen debaixo) e o Taller Literario, completando as comparacións coa parte que lles falta.



Pasamos a C.NATURAIS , ledes a páx.72, con moita calma enténdendo ben o que di. Despois  copiades  e debuxades "Os Nutrientes" na libreta ou, se vos animades, podedes facelo en forma de esquema ou mapa mental e buscar nos folletos do supermercado fotos de alimentos onde predominen cada un dos nutrientes .Deixámolo a vosa elección.

IMPORTANTE!!!!

As fichas das plantas medicinais debedes facelas en lingua galega, porque, como xa sabedes, a presentación do proxecto sempre a facemos en galego. 
  

Para rematar, as profes queremos felicitarvos a todos polo voso traballo, que comprendemos que ás veces non resulta doado nin sinxelo e darvos as grazas polos vosos correos .


Ánimo! E que pasedes un Bo Día!!!

VOLTAMOS MAÑÁN!!!

3 comentarios:

  1. Bos días, en l.galega o repaso de unidades esta na página 132,na página 136 esta portafolio trimestral, poderiadesme aclarar cal e para hoxe?

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Perdón, collemos os libros cambiados, o ver que tampouco me coincidía o de l.Castela xa me din conta..

      Eliminar
    2. Bos días! Estamos encantadas de que si tedes algún problema, conectedes con nós.
      Como vexo que xa está aclarado,ata a próxima. Saúdos

      Eliminar

15 / 06 /2020

QUERIDAS FAMILIAS!!!       Rematamos este curso tan complicado e difícil que nos tocou vivir. As circunstancias non nos deixan que a...