plantas

plantas

xoves, 30 de abril de 2020

30 / 04 / 2020




BOS DÍAS A TOD@S !!!          😀😀😀   


Como xa sabedes, imos disfrutar dunha longa FIN DE SEMANA,
polo tanto realizade rápido e ben as tarefas de Matemáticas e Naturais e envialas. A de Lingua Galega tedes de plazo ata o luns.
(Xa o poñemos máis abaixo).

Comezamos con MATEMÁTICAS e imos continuar co Repaso Trimestral das páxinas 128 e 129. Facemos as actividades 6, 7, 14 e 16.

En NATURAIS, seguimos repasando o tema 4 con esta ficha :




En LINGUA GALEGA ides facer o desafío da páxina 135.Tedes que seguir os pasos que nos indica a actividade do libro, elexir un lugar de Galicia, o que queirades, e confeccionar un folleto turístico para promocionar ese lugar. O grupo será a vosa familia. Así que, animade a todos, e durante esta fin de semana adicádevos a facer ese folleto. O luns enviádelo (facédelo nun folio) e o que queira, tamén pode facer un vídeo de presentación e enviárnolo.

IMPORTANTE !!!

Algúns contestades as actividades das fichas sen pensar, nin vos molestades en ver polo libro o que non sabedes e cometedes bastantes erros, que NÓS temos en conta cara a Avaliación. Así que, cando non estedes totalmente seguros, ou dubidedes as respostas, por favor consultade o libro.


OLLO !!!

Hoxe queremos deixarvos as SOLUCIÓNS ás fichas de onte, porque tiñades bastantes erros e queremos que os corrixades:

MATEMÁTICAS :

AVALIACIÓN SOCIAIS :





DESPEDÍMONOS ATA O LUNS, desexándovos:


UNHA  FELIZ E DIVERTIDA FIN DE SEMANA!!!







mércores, 29 de abril de 2020

29 / 04 / 2020




BOS DÍAS A TODOS!!!      😀 😀 😀

Xa estamos a mércores, e como sabedes, este venres é festivo,
polo tanto, xa casi estamos na fin de semana, así que... ÁNIMO !!!

Comezamos as tarefas de hoxe, lembrando que revisamos o que vos propoñemos cada día.Por iso, para facilitar o noso e o voso traballo, necesitamos que os envíos sexan a diario e non con retraso.

Non esquezades que estades na aula, aínda que sexa virtual, e todos sabedes que as tarefas debemos facelas  igual de ben que na clase.



Hoxe ides comezar con SOCIAIS para facer a "Avaliación" do Tema 4 que estivestes traballando ata agora, procurade realizala o mellor posible (podedes utilizar todos os recursos que teñades).




En LINGUA CASTELÁ poñedes na páxina 134 do libro e facedes as actividades 6, 7, 8 e 9 de Gramática do Repaso Trimestral.


Rematades con MATEMÁTICAS e seguides repasando os números decimais (coidado co orde das cifras) con esta ficha :




Queremos despedirnos deixándovos esta mensaxe :






ATA MAÑÁN E QUE TEÑADES UN BO DÍA!!!

martes, 28 de abril de 2020

28 / 04 / 2020





    OLA FAMILIAS !!!     


Que tal o paseíño de onte???
Seguuro que supo a pouco, pero hoxe podedes saír de novo polas rúas, eso si, xa sabedes, so unha horiña, gardando as medidas e a distancia de seguridade.Temos que seguir sendo moi, moi RESPONSABLES !!!

Asi que ides comezar coas tarefas de hoxe para que poidades sair canto antes.


En LINGUA GALEGA, voltades a facer a lectura das páxinas 122 e 123 para continuar co Comentario da Lectura na páxina 125.
Facedes as actividades 6,7,8 e 9.
A continuación facedes a actividade 2 do Escoito e Falo.Tedes que facer comparacións.

 Empezo eu coa primeira : Rápido coma un raio.

Agora seguides vós completando o resto da actividade.


En MATEMÁTICAS, ides repasar os números decimales utilizando este cadro do paso das unidades a décimas e a centésimas.

Lembrade : 1 Unidad = 10 décimas = 100 centésimas



A continuación facedes estes exercicios de repaso. Tedes que copialos e resolvelos.




E tamén esta división coa súa proba:

         9 4 7 2 8 3 1 : 5 6 =


Por último, ides repasar NATURAIS con esta ficha do Tema 4 sobre o Aparato dixestivo :




Rematamos por hoxe, facede ben as tarefas, envialas e, por suposto

 DISFRUTADE MOITO DESTE DÍA!!!

VÉMONOS MAÑÁN !!!   
                       
                                                                      😉 😉 😉

luns, 27 de abril de 2020

27 / 04 /2020



BOS DÍAS A TOD@S !!!

Desexamos que pasarades moi boa Fin de Semana !!!

Seguro que moitos xa saístedes a dar un paseo, que aínda que non é moito... debedes VALORALO!!!  pois é algo que algúns, aínda non podemos facer !!!

Moitas grazas de novo a todos os que participástedes cos vídeos.
Fixéstelo moi BEN !!! 

Imos comezar coas tarefas propostas para este LUNS.

En LINGUA CASTELÁ ides facer do Repaso Trimestral da páxina 134, as actividades do apartado de Ortografía 1, 2, 3, 4 e 5. Non fai falta que poñades o enunciado.

En MATEMÁTICAS, seguides repasando cálculo e problemas con esta ficha :

No exercicio 6 tedes que facer as divisións e as probas. Logo ledes despaciño e varias veces os problemas para poder resolvelos o mellor posible. Lembrade que hai que poñer as dúas partes : Operación e Solución.

En SOCIAIS, voltades a ler "A túa revista" na páxina 89 e copiades as preguntas que veñen en cada apartado (nos circuliños) e contestádelas. Logo, realizades esta ficha:



Non contestedes sen pensar, lede (se é necesario, varias veces) ben os enunciados e sempre que haxa dúbidas, consultades o libro.
Os que non imprimides as fichas, podedes contestar sen copiar os enunciados, pero que as respostas se entendan, é dicir, construindo oracións, non frases curtas.


IMPORTANTE !!!

Como aínda hai alumn@s que non nos están enviando as tarefas diariamente, queremos lembrarvos que non vos podedes esquecer de enviar TODOS OS DÍAS o traballo que vos propoñemos aos nosos correos.


VOLTAMOS MAÑÁN !!!  

DISFRUTADE MOITO DOS VOSOS PASEOS !!!





venres, 24 de abril de 2020

24 / 04 / 2020



BOS DÍAS A TODOS !!!   XA ESTAMOS A VENRES !!!               


Queremos saudarvos a tod@s dunha maneira moi especial, con estas fotos representativas do día de onte, enviadas por estes alumnos.

                                                                                 


 

E agora continuamos coas tarefas propostas para hoxe.

En LINGUA GALEGA  poñedes na páxina 122 e ledes de novo a lectura. Despois facedes as actividades 1, 2, 3 e 4 da páxina 124 (que xa fixeramos orais na clase), agora escritas.


En MATEMÁTICAS ides a facer un repaso dos "Números Romanos" con esta ficha.


A continuación facedes esta división coa súa proba :

              7 3 9 4 8 5 1 : 6 4 =


En NATURAIS  poñedes nas páxinas 78 e 79 e ledes o apartado da "Túa Revista" . Logo escribides as preguntas que veñen en cada apartado (nos circuliños) e contestádelas.


IMPORTANTE !!!

Queremos decirvos que a partires do luns, e como algúns pais (polo seu traballo) teñen problemas de horario para enviarnos as tarefas, podedes facelo ao longo de todo o día, e nós irémolas vendo e contestando ese mesmo día ou ao día seguinte.



Rematamos a semana moi contentas polo traballo realizado, e en especial, por todos aqueles que vos animástedes a participar nas actividades propostas para celebrar o DÍA DO LIBRO.


HELENA

DAMIÁN 
                                                            IRIA
                         
MANUEL

ANTÍA
 
                                              GONZALO
                                                 ELENA
                                                  HUGO
                                                    ÉRICA
                                                    LEO
                                                  NICO
                                             PABLO PIÑEIRO
                                                  JORGE
                                                 YERAY
                                                ÁFRICA
                                                  EFRÉN
                                             PABLO GARCÍA
                                                 RUBÉN
                                                          
                 MOITAS GRAZAS A TODOS !!!

Con isto rematamos, esperando que pasedes unha  BOA FIN DE SEMANA e que sigades adicando tempo á  LECTURA !!!

               



                          VOLTAMOS  O  LUNS !!!


xoves, 23 de abril de 2020

23 / 04 / 2020




                       



BOS  DÍAS  FAMILIAS !!!

Hoxe, coma xa comentamos onte, celebramos o DÍA DO LIBRO
lembrando que neste día faleceron escritores tan importantes coma Miguel de Cervantes ou Shakespeare, lendo parte  deste proverbio Hindú

        " Un libro aberto é un cerebro que fala;
         pechado é un amigo que espera...."            




Así que, non o fagamos esperar e, ao longo do día, adiquémoslle un
ratiño á lectura dalgún libro dos que teñades nas vosas casas e cando enviedes a tarefa de mañán, poñedes o título do libro que elexístedes.

Como non podía ser doutra maneira, polo día que celebramos, ides facer a lectura de "Filemón el Arrugado", e a continuación, facedes a ficha de Comprensión Lectora.


        




En MATEMÁTICAS, seguides co Repaso Trimestral das páxinas 128 e 129 e facedes as actividades 3, 11, 17 e 20.


  Rematades con SOCIAIS, e xa que hoxe o mellor que podemos 
facer é LER , o faremos a través do apartado da "Túa Revista" da páxina 89.







       QUE TEÑADES UN BO DÍA E ATA MAÑÁN !!!

                           


mércores, 22 de abril de 2020

22 / 04 / 2020



     OLA A TOD@ S !!!         😋😋😋



Imos empezar as tarefas de hoxe propoñéndovos unha actividade para o XOVES, que como xa sabedes, é o DÍA DO LIBRO.

Buscades en internet:"FRASES DE ESCRITORES FAMOSOS"
 escolledes unha , a ledes gravando un vídeo, e o enviades ao noso correo.


En LENGUA CASTELÁ  repasades o Tema 8 e a continuación facedes esta ficha :
                              


En MATEMÁTICAS, seguides repasando como se len e escriben os números e o valor das cifras segundo o lugar que ocupan, con esta ficha:




Divide e fai a proba :

                                587392 : 39 =


En NATURAIS imos facer "A Tarefa final"da páx.77, pode ser na libreta, nun folio, non fai falta cartolina, pero antes visualizades este vídeo.

                    
                      
Agora copiades os tipos de dentes e para que serven e facedes un debuxo da boca cos seus nomes.
Se queredes unha guía aquí vai este debuxo

                              


Antes de rematar, queremos deixarvos as respostas da ficha de Comprensión Lectora de onte, porque algúns tiñades bastantes erros.




OLLO !!!


Non vos esquezades de facer o vídeo ou o audio que pedíu o equipo da biblioteca do cole a través do TokApp e de envialo ao correo alí indicado!!!
                       biblioeduardopondal@gmail.com


 ÁNIMO, que queda pouco para que poidades... SAIR !!!


ATA  MAÑÁN !!!   
                           
                                     ✋  ✋  ✋





martes, 21 de abril de 2020

Plástica. A Simetría


Ola! Marieta preparou esta tarefa tan divertida para plástica. Mirade os tres videos, e... mans á obra!!
Podedes enviar as vosas creacións ao seu correo marietapon@gmail.com
Desfrutade






21 / 04 / 2020




BENVIDOS un día máis a nosa aula!!!      👫👫👫



Esperamos que traballedes con ganas, intentade facelo BEN,  pois imos repasar e reforzar conceptos anteriores, para que todos acadedes as Competencias Básicas en todalas materias, cara o curso que ven.


En LINGUA GALEGA ides facer unha ficha de Comprensión Lectora. Hai que ler con calma para despois poder dar as respostas correctas.





En Matemáticas , seguides co "Repaso Trimestral" das páxinas 128 e 129. Facedes as actividades 1, 2 e o problema 15.

Repasar como se len os números e lembrar o valor de cada cifra según a orde que ocupa dentro do número, con este cadro que vos deixamos :





 A continuación facedes esta conta de dividir coa súa proba : 

                       936572 : 54 =


En SOCIAIS ides rematar o repaso da páx. 87, facendo as actividades 43, 44 e 45. 
Tamén podedes ler o apartado da "Túa Revista" na páxina 89, que xa sabedes que sempre resulta moi interesante. 

Despedímonos desexando que teñades un BO DÍA.

 VOLTAMOS MAÑÁN  !!! 

                                      😄😄😄

luns, 20 de abril de 2020

20 / 04 / 2020




BOS DIAS A TOD@S !!!             😀😀😀             

                                                                                         
QUE TAL A  FIN DE SEMANA???

Esperamos que ben e que todos mirarades o vídeo que vos mandamos, pois, como xa avisamos, imos empregalo para traballar sobre el.

Ademáis o día 23, XOVES, celebraremos o DÍA DO LIBRO e tamén faremos algunha actividade para celebralo.

Así que, comezamos con MATEMÁTICAS facendo unha ficha de repaso ( lembrar que nunha operación con paréntese, primeiro faise o do  paréntese e logo síguese o orde da operación ).

Exemplo:  3562 + ( 2493 - 937 ) = 3562 + 1556 = 5118






En LENGUA CASTELÁ queremos que fagades unha narración sobre todo o que saibades do CORONAVIRUS ( cales son os síntomas, como se contaxia, como cambiou a vosa vida, que problemas está orixinando....) e todo o que queirades contarnos que esté relacionado co tema.
Xa vos deixamos un vídeo sobre o tema e hoxe queremos deixarvos outro para que teñades máis información.




Por último en NATURAIS,  rematar as actividades do Repaso
da páx.76  : 6, 7, 8 ,9 ,10 .
(A actividade 6 podedes contestala buscando a resposta na páx 71)

Tamén sería recomendable ver estes novos vídeos que vos deixamos agora do Aparato Circulatorio e do Aparato Excretor.

                                         
APARATO  CIRCULATORIO



                                               APARATO EXCRETOR


                             

Por último decirvos que podedes realizar a maiores, con tempo, calquera traballo (poesías, relatos, debuxos, cómics, anuncios...) sobre o CORONAVIRUS e a situación que estamos a vivir. Algúns serán elexidos para formar parte dun traballo colectivo do noso colexio.


 VOLTAMOS  MAÑÁN !!!

                                            🙋 🙋 🙋

venres, 17 de abril de 2020

17 / 04 / 2020


        


        BOS DÍAS FAMILIAS !!!   👪👪👪



Como xa saberedes, no que queda de curso, non avanzaremos nos temarios, se non que repasaremos o dado na 1ª e 2ª avaliación.Por 
iso é importante que fagades un esforzo, sobre todo os alumno@s que teñan algunha parte suspensa, pois agora é o momento de recuperala para poder aprobar este curso sen problemas.
Así que... ánimo e comezamos!!!

En LINGUA GALEGA poñedes na páxina 139 e facedes o apartado de Literatura copiando a lenda (sin faltas e con boa letra) e a continuación as actividades que están debaixo.


En MATEMÁTICAS seguimos  repasando cálculo (coidado coas comas).

COLOCA  E  EFECTÚA :

3649,12 + 528,6 + 7158 =

920,34 - 863,7 =

53912 x 75 =

718539 : 46 =




Para rematar, colledes o libro de SOCIAIS e  ides facer do Repaso da páx.87, as actividades 38, 39, 40, 41. (na actividade 40, no mapa que tedes máis abaixo volvedes a poñer o nome das Comunidades e coloreades só a comunidade onde vivides. Logo respondedes ás preguntas.

Intentade facelo sen ver as respostas,se non sodes capaces copialas correctamente do libro.




 Non vos esquezades de practicar coa FLAUTA


Facede BEN as tarefas e envialas o antes posible aos nosos correos.


Xa chegamos a venres, así que ... deixamos este vídeo para que vos entreteñades, porque a semán que ben, faremos algo sobre el.






   
 DISFRUTAR DA FIN  SEMANA, por suposto, NA CASA!!! 



  VOLTAMOS   O  LUNS !!! 

                                     😁  😁  😁
                             

xoves, 16 de abril de 2020

16 / 04 / 2020




     OLA  A TOD@S !!!  💁  💁  💁



     BENVID@S un día máis a nosa aula virtual !!!                          

 Imos seguir traballando así por tempo indefinido, por iso necesitamos que estedes en contacto con nós , xa que aínda non sabemos como vai ser a terceira avaliación. Mentras tanto, continuaremos facendo un repaso do dado ata agora.

Comezamos ....



En LINGUA CASTELÁ repasades o Tema 8 e realizades as actividades 4,5 e 6 da páxina 133. Para poder facelas ben , ledes detidamente os cadros dos numerais , as familias de palabras e o campo semántico.


En MATEMÁTICAS poñedes nas páxinas 124 e 125. Facedes os problemas 6, 7 e 18. Fixarvos ben nas unidades e lembrar que para facer operacións tedes que pasar todos os datos a mesma unidade.


En LINGUA GALEGA facedes un repaso do Tema 8 e a continuación esta ficha de reforzo:







En NATURAIS imos facer as actividades 1, 2, 3, 4 e 5 do Repaso da unidade da páx.76 (podedes facelas sen enunciado).Esperamos que saibades facelo sen ver polo libro,pois levamos moito tempo con este tema.Agora ben,se non sabedes algunha actividade, deixádea para o final e logo copiades a resposta correcta vendo polo libro.

Imos deixarvos estes vídeos dos aparatos que interveñen na NUTRICIÓN que vos poden servir de axuda. É importante prestarlle atención!!!

                               APARATO DIXESTIVO




APARATO RESPIRATORIO  



APARATO CIRCULATORIO  

                                          


APARATO EXCRETOR   






IMPORTANTE!!!

Lembrar que cada día tedes que enviar todas as tarefas rematadas, a poder ser, antes das cinco da tarde ( salvo algunha excepción ) ao noso correo!!!

NON VOS ESQUEZADES !!!  ATA MAÑÁN !!!


                                   😜😜😜😜😜 


mércores, 15 de abril de 2020

Plástica e Inglés

Let's make HISTORY!

As nosas rutinas están cambiadas debido ao LOCKDOWN (illamento, cuarentena)! Apetécevos documentar como é un día na vosa vida en casa? Marieta e máis eu propoñémosvos unha actividade de fotografía, para crear un documental chamado: "A day in lockdown"
Precisamos fotos vosas (ou tomadas por vos) nestes momentos do día:
1.wake up: levantarse da cama
2. have breakfast: almorzar
3. brush your teeth: lavar os dentes
4. get dressed: vestirse (ou cambiar de pixama 😁)
5. go to school: Ir ao cole, neste caso, etudar dende casa!!!
6. go to work: Ir a traballar, se alguén da vosa casa sae a traballar, ou traballa desde casa
7. Do the housework: Facer a limpeza
8. Tidy your room: Ordear o cuarto
9. Set the table: Poñer a mesa
10. Have lunch: comer
11. Clear the table: recoller a mesa
12. Read: Ler
13. Play: xogar
14. Have dinner: cear
15: Go to bed: ir para cama

Para que saia ben, enviade por favor como mínimo a foto da acción que corresponde ao voso número de clase. A maiores, podedes mandar as que queirades! o meu correo é ranipaz73@gmail.com

E seguide intentando entrar en https://www.blinklearning.com/home  cos códigos
Código: CL23631188  para A

Código: CL19492461 para B

https://ranisclass.blogspot.com/search/label/YEAR%204

15 / 04 / 2020




BOS DÍAS !!!   Como levades a volta ao COLE ???

Que tal coas tarefas de onte ?

As profes estamos un pouco preocupadas porque non sabemos nada dalgúns alumn@s, non recibimos ningunha resposta , non sabemos se están a facer as tarefas, se non poden envialas... Por iso intentade mandarnos o que vos pedimos ( carta, plano, planta medicinal ) e a partires de hoxe , como temos que seguir na casa, gustaríanos que nos enviedes cada día as tarefas propostas.



Hoxe imos mandarvos algunhas fichas que podedes imprimir (os que non tedes impresora, non vos preocupedes,non tedes que copialas, nun folio poñedes a asignatura, o número da actividade e a resposta)


LINGUA CASTELÁ : Facedes a lectura e completades a ficha de comprensión lectora.






MATEMÁTICAS , repasades o Tema 8 e facedes estas fichas de reforzo :






LINGUA GALEGA, colledes o libro, ledes e copiades o ditado do exercicio 9 da páxina 139 sin faltas de ortografía e con moi boa letra.


Para rematar, en  SOCIAIS , como xa sabedes, mandamos repasar as comunidades autónomas, por iso hoxe ides realizar esta ficha de repaso.Tedes que poñer a Comunidade Autónoma que corresponde a cada número :


                      
                                    1 - Galicia
                                    2 - ............

Debedes tamén ler todo o tema 4, para poder facer ben a autoevaluación que faremos próximamente.


Esperamos que, coma sempre, intentedes realizar BEN as tarefas e se non sabedes algo, intentade buscar as respostas  nos temas que estamos dando, se non contades coa axuda  dun adulto que vos poida axudar. Tamén podedes recurrir a nós e preguntarnos a través dos nosos correos .

LEMBRADE que tedes que entrar nas páxinas de INGLÉS e de E.FÍSICA para facer as tarefas que vos propoñen !!!


    VOLTAMOS  MAÑÁN !!!

                                            😘 😘 😘

martes, 14 de abril de 2020

14 / 04 / 2020




                                       



     BOS DÍAS A TOD@S!!!


    BENVID@S A NOSA 

      "AULA  VIRTUAL"!!!

                  😀😀😀😀😀
  

 
 Que tal as vacacións na casa? Seguro que BEN ou, polo menos,      moi descansados, NON SI?

  Nós, esperamos que empecedes este último trimestre con moita        ilusión e con moitas ganas e imos intentar que sexa o máis fácil e    atractivo posible.



  Imos comezar facendo un pequeno repaso da TÁBOA DE   MULTIPLICAR, para logo  realizar este cálculo.
  Lembrade a colocación dos números decimais. As comas deben coincidir.

COLOCA E EFECTÚA :

  63,5 + 12 + 1,278=
                         
  39854 - 39762=

  293564 x 708=

  543290 : 13=



  Cando rematedes esta tarefa ides escribir un TEXTO (coas tres        partes : Inicio - Nó - Desenlace ) contándonos calquera cousa que    fixerades  nestas vacacións (con dez líneas chega).


  NOS NOSOS CORREOS seguimos estando a vosa disposición.

  4º A : marydf@hotmail.es

  4º B : gemamalvido59@gmail.com


  Por último, ler o tema 4 de NATURAIS despacio e entendendo ben o que ledes, parádevos nas partes que vexades que tedes  máis dificultades e facer estas fichas de repaso (podedes imprimilas ou copialas) :


                 
       

  

Esperamos que estas actividades sirvan para ir collendo o ritmo 
neste momento tan dificil que nos toca vivir. Xa sabedes que a partir de hoxe debemos volver ao noso traballo, aínda que sexa na 
casa, e debedes facer as tarefas que vos propoñemos o mellor que poidades.

  
   MOITO ÁNIMO E ATA  MAÑÁN!!!

                              🙋   🙋



                              


xoves, 2 de abril de 2020

2 / 04 / 2020




 BO DÍA !!!   XA CHEGOU O XOVES  !!!     


MAÑÁ  comezamos as vacacións de SEMANA SANTA, que serán moi especiais, porque seguiremos... sin poder sair da casa !!! 

Polo tanto, ides facer o traballo de hoxe con moita ilusión e con moitas ganas.
                                          💪💪💪

                                          

- En L. GALEGA, repasades os PREFIXOS (engádense ao principio das palabras para formar outras novas), os SUFIXOS (engádense ao final dalgunhas palabras para formar outras novas)  e os DETERMINANTES (artigos, demostrativos, posesivos e numerais) que traballamos neste 2º Trimestre .

A continuación, nas páxinas 138 e 139 facedes as actividades 1, 2, 4, 5, 6 e 10 do Repaso Trimestral.


- En MATEMÁTICAS, repasamos a suma, resta, multiplicación e división facendo as actividades 10, 13 e 23  do "Repaso Trimestral" das páxinas 128 e 129.


- En SOCIAIS , repasades un pouquiño o tema 4 e realizades o esquema da páx.86 engadindo as palabras que nos propón a actividade 33.


LEMBRADE !!!  Tedes que entrar nas páxinas de INGLÉS e de   E.FÍSICA para ver as propostas que vos teñen RANI  e ALBERTO.


REMATAMOS o 2º TRIMESTRE !!! e queremos despedirnos de todos vós ata despois das VACACIÓNS,  pero queremos pedirvos que, como son moitos días e non podedes sair da casa...


REPASEDES as  TÁBOAS  DE  MULTIPLICAR   



e o MAPA DAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS DE ESPAÑA.


                                


Deixamos un enlace de mapas interactivos para que aprendades as comunidades xogando!!!

https://mapasinteractivos.didactalia.net/comunidad/mapasflashinteractivos/recurso/comunidades-autonomas-de-espaa/9f69dbbf-8dda-4403-b8e1-47d77887b7a6


Tamén queremos que disfrutedes moito, que xoguedes, que leades,
que axudedes nas tarefas do fogar... e que vos portedes moi BEN!!!



           FELICES VACACIÓNS !!! e  ATA  VOLTA!!!


                                     😊😊😊     

15 / 06 /2020

QUERIDAS FAMILIAS!!!       Rematamos este curso tan complicado e difícil que nos tocou vivir. As circunstancias non nos deixan que a...