plantas

plantas

luns, 27 de abril de 2020

27 / 04 /2020



BOS DÍAS A TOD@S !!!

Desexamos que pasarades moi boa Fin de Semana !!!

Seguro que moitos xa saístedes a dar un paseo, que aínda que non é moito... debedes VALORALO!!!  pois é algo que algúns, aínda non podemos facer !!!

Moitas grazas de novo a todos os que participástedes cos vídeos.
Fixéstelo moi BEN !!! 

Imos comezar coas tarefas propostas para este LUNS.

En LINGUA CASTELÁ ides facer do Repaso Trimestral da páxina 134, as actividades do apartado de Ortografía 1, 2, 3, 4 e 5. Non fai falta que poñades o enunciado.

En MATEMÁTICAS, seguides repasando cálculo e problemas con esta ficha :

No exercicio 6 tedes que facer as divisións e as probas. Logo ledes despaciño e varias veces os problemas para poder resolvelos o mellor posible. Lembrade que hai que poñer as dúas partes : Operación e Solución.

En SOCIAIS, voltades a ler "A túa revista" na páxina 89 e copiades as preguntas que veñen en cada apartado (nos circuliños) e contestádelas. Logo, realizades esta ficha:



Non contestedes sen pensar, lede (se é necesario, varias veces) ben os enunciados e sempre que haxa dúbidas, consultades o libro.
Os que non imprimides as fichas, podedes contestar sen copiar os enunciados, pero que as respostas se entendan, é dicir, construindo oracións, non frases curtas.


IMPORTANTE !!!

Como aínda hai alumn@s que non nos están enviando as tarefas diariamente, queremos lembrarvos que non vos podedes esquecer de enviar TODOS OS DÍAS o traballo que vos propoñemos aos nosos correos.


VOLTAMOS MAÑÁN !!!  

DISFRUTADE MOITO DOS VOSOS PASEOS !!!





Ningún comentario:

Publicar un comentario

15 / 06 /2020

QUERIDAS FAMILIAS!!!       Rematamos este curso tan complicado e difícil que nos tocou vivir. As circunstancias non nos deixan que a...