plantas

plantas

xoves, 2 de abril de 2020

2 / 04 / 2020




 BO DÍA !!!   XA CHEGOU O XOVES !!!      


MAÑÁ  comezamos as vacacións de SEMANA SANTA, que serán moi especiais, porque seguiremos... sin poder sair da casa !!! 

Polo tanto, ides facer o traballo de hoxe con moita ilusión e con moitas ganas.
                                          💪💪💪

                                          

- En L. GALEGA, repasades os PREFIXOS (engádense ao principio das palabras para formar outras novas), os SUFIXOS (engádense ao final dalgunhas palabras para formar outras novas)  e os DETERMINANTES (artigos, demostrativos, posesivos e numerais) que traballamos neste 2º trimestre.

A continuación, nas páxinas 138 e 139 facedes as actividades 1, 2, 4, 5, 6 e 10 do Repaso Trimestral.


- En MATEMÁTICAS, repasamos a suma, resta, multiplicación e división facendo as actividades 10, 13 e 23  do "Repaso Trimestral" das páxinas 128 e 129.


- En SOCIAIS , repasades un pouquiño o tema 4 e realizades o esquema da páx.86 engadindo as palabras que nos propón a actividade 33.


LEMBRADE !!!  Tedes que entrar nas páxinas de INGLÉS e de   E.FÍSICA para ver as propostas que vos teñen RANI  e ALBERTO.


REMATAMOS o 2º TRIMESTRE !!! e queremos despedirnos de todos vós ata despois das VACACIÓNS,  pero queremos pedirvos que, como son moitos días e non podedes sair da casa...


REPASEDES as  TÁBOAS  DE  MULTIPLICAR   



e o MAPA DAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS DE ESPAÑA.


                                


Deixamos un enlace de mapas interactivos para que aprendades as comunidades xogando!!!

https://mapasinteractivos.didactalia.net/comunidad/mapasflashinteractivos/recurso/comunidades-autonomas-de-espaa/9f69dbbf-8dda-4403-b8e1-47d77887b7a6


Tamén queremos que disfrutedes moito, que xoguedes, que leades,
que axudedes nas tarefas do fogar... e que vos portedes moi BEN!!!



           FELICES VACACIÓNS !!! e  ATA  VOLTA!!!


                                     😊😊😊     

martes, 31 de marzo de 2020

1 / 04 / 2020




BOS  DÍAS!!!  Ánimo !!! Que queda pouquiño para as
 VACACIÓNS !!!

Comezamos co traballo do MÉRCORES !!!


Colledes o libro de L. CASTELÁ e poñedes na páxina 132 para 
facer as actividades de repaso 1, 2 e 3.
Antes de facer as actividades, sería convinte que lerades o resumo do tema.


Seguides con MATEMÁTICAS e ides a páxina 125 onde tedes que  resolver os problemas 11 e 12.  Logo facedes tamén a actividade 17.
 Lembrade que cando aparecen varias unidades, debedes pasar todo a mesma unidade e tamén que:

             1 litro = 100 cl

            Medio litro = 50 cl

            Cuarto de litro = 25 cl



Rematades con  NATURAIS. Abrides o libro na páx. 75 e facedes o esquema (aproveitades para facer un repaso do dado) e engadídeslle as palabras das actividades 1, 2 e 6.


Por hoxe nada máis , lembrade que tanto en Natu como en Soci, rematamos os temas e debedes repasalos, pois faremos pronto unha autoevaluación.


PRACTICADE COA FLAUTA A CANCIÓN QUE VOS DOU MARI!!!   É importante.

VOLTAMOS MAÑÁN!!!


                             😀😀😀

31 / 03 / 2020



BOS  DÍAS A TOD@S !!!   Que tal ides co traballo na casa???

Esperamos que non teñades problema. Poñede ATENCIÓN e ganas para facelo ben e rematar o antes posible!!!

Comezamos co traballo de hoxe, MARTES !!!


En primeiro lugar facedes MATEMÁTICAS.Seguides traballando coas unidades de capacidade e de peso.Ter moito coidado co paso dunhas unidades a outras. Repasar de  novo as táboas ou as escaleiras dos litros e dos gramos.Cando baixan, engadimos ceros, cando suben, quitamos ceros.
                        
Poñedes na páxina 125 e facedes as actividades 8, 9 e 10.


Continuades con L.GALEGA e abrides o libro na páxina 137. Ledes con calma o poema da actividade 4 e respondedes ás preguntas que aparecen ao rematar dito poema.

 Logo, facedes a actividade 5, onde tedes que poñer de que palabra provén cada un deses grupos de palabras derivadas que temos aí.

Rematades lingua galega facendo as actividades 6 e 7. 
.

Por último, colledes o libro de SOCIAIS e, con calma e entendendo, ledes as páx.84 e 85 e contestades de xeito ORAL as actividades da páxina. Despois, facedes un repaso do tema que estamos traballando.


IMPORTANTE !!!

 Queremos lembrarvos que aínda non estades de vacacións. Queda pouco. As tarefas que vos propoñemos,  NON SON DEBERES,  son as tarefas que teríamos que estar facendo na clase e que agora, polo motivo que todos sabedes, témolas que facer na casa.  


ÁNIMO E ATA MAÑÁN !!!

                                    😉😉😉

luns, 30 de marzo de 2020

30 / 03 / 2020






BOS DÍAS!!!  XA ESTAMOS DE VOLTA!!!


Iniciamos unha nova semana na que esperamos que sigades traballando coas mesmas ganas e co mesmo ritmo da anterior.


Sodes uns auténticos CAMPIÓNS !!!



En primeiro lugar, colledes o libro de L.GALEGA e voltades a ler o resumo que fixestes o xoves pasado, para facer un repaso do tema no que estamos. Logo, facedes as actividades 1, 2 e 3. 
Na 1,  tedes que poñer o número de cada froito e ao lado o seu nome, na 2 e na 3, facedes o que vos pide o enunciado.



En MATEMÁTICAS ides a páxina 124 e ledes con moita calma o repaso da unidade, entendendo ben o que pon. A continuación, facedes os exercicios 2, 3, 4 e 5. Ter  moito coidado co paso das unidades !!! Utilizade a escaleira ou a táboa para non equivocarvos.



Na área de L.CASTELÁ poñedes na páxina 132 e copiades e completades o resumo da unidade 8. Xa sabedes como se fai. Ao longo do tema, nos recadros, atopamos as respostas. Facelo con boa letra e sin faltas de ortografía.



Rematamos con NATURAIS, abrimos o libro na páxina 73, lemos a pregunta "A conservación dos alimentos" e o apartado "Sabías que?

Agora, podemos aproveitar para levantarnos e comprobar que alimentos consevamos no frío e cales conxelados . Tamén podemos ir a despensa e ver os que temos en conserva (fíxate na data de caducidade).

A continuación, sentámonos e lemos a pregunta "Prácticas saudables para a nutrición". Realizamos un mapa mental con cada unha delas.




Con todo isto, rematamos por hoxe. Lembrade que, ademáis de facer as tarefas propostas, hai que ler cada día o que imos dando de Naturais ou de Sociais,  repasando sempre o anterior (como facemos na clase).



LEMBRADE que tedes que entrar na páxina de INGLÉS para facer as actividades que pon RANI !!!



POR HOXE, NADA MÁIS. 


ÁNIMO E ATA MAÑÁ CAMPIÓNS !!!


venres, 27 de marzo de 2020

27 / 03 / 2020




BOS DÍAS !!!  XA CHEGOU A FIN DE

 SEMANA!!!


Se xa estamos listos, imos comezar o antes posible, para disfrutala ao máximo.
Lembrade prestar moita atención ao que ledes, intentando entendelo, para facer ben as 
actividades, copiando sen faltas e con boa letra.

Comezamos con L.CASTELÁ e facedes o desafío da páxina 130. Queremos propoñervos que cada un de vós faga un plano da súa aula.
Primeiro ledes a actividade 1 e vedes como está feito o plano dese comedor. Logo, tedes que lembrar como tiñamos a clase e por último tendo en conta as actividades 2 e 3, facedes o voso plano. Supoñemos que nadie se esquecería de como estaba... Si alguén non é capaz de facer o da clase porque non pode visualizala que faga o plano do seu cuarto. Gustaríanos que nolo enviásedes a través do correo cando o teñades rematado!!! 

Seguimos con MATEMÁTICAS e poñedes na páxina 123. Tedes que facer sumas e restas de medidas de capacidade e de peso. Lembrar que hai que pasar todas as medidas a mesma unidade (sempre á máis pequena) e despois sumades ou restades as cantidades (sin esquecer de poñer as unidades). Ledes detidamente o cadro do comezo da páxina e facedes as actividades 1, 2 e 3.
Para rematar Mate, facemos esta división coa súa proba :
               8 5 9 6 4 7 : 36

Agora pasades a SOCIAIS e ides a páxina 83, ledes con calma o Taller de Xeografía e facedes o apartado "Sabías que...?" sobre os voluntarios, tan presentes e necesarios neste momento que estamos a vivir.
O que se anime tamén pode facer a actividade 24 onde deseñará unha sinal informativa para sair correctamente dun vehículo (as sinais informativas son cadradas e de cor azul).



Por fin, xa rematamos as tarefas de toda a semana.

Merecemos un descanso. NECESITÁMOLO!!!

PARABÉNS POLO VOSO ESFORZO!!!


As profes queremos agasallarvos con este vídeo tan especial sobre a chegada da PRIMAVERA nun momento tan complicado. DISFRUTÁDEO !!!







VOLTAMOS O LUNS!!!

2 / 04 / 2020

 BO DÍA !!!   XA CHEGOU O XOVES !!!       MAÑÁ  comezamos as vacacións de SEMANA SANTA, que serán moi especiais, porque seguiremos... s...