plantas

plantas

luns, 1 de xuño de 2020

1 / 06 / 2020



BOS DÍAS A TOD@S !!!


Xa chegamos ao mes de XUÑO, tod@s estamos cansos, pero o curso aínda non rematou !!!
Coma sempre, neste mes só teríamos clases de mañán, por iso, imos cambiar o ritmo e reducir as tarefas a un traballo semanal.

Nesta primeira semana realizaredes as seguintes actividades:

En LINGUA CASTELÁ faredes a lectura deste pequeno texto e a continuación a ficha de Comprensión Lectora.




En MATEMÁTICAS ides facer cálculo.
Coloca e efectúa :

     893 + 12,3 + 1,234 =
     2437,2 - 1348,52 =
     543,26 x 327 =
     69870 : 46 =


En LINGUA GALEGA inventa ou busca unha poesía sobre 
" O mar " (máximo 12 versos). Lembra como debe escribirse unha poesía.


En NATURAIS, como non tivemos Semana da Ciencia, queremos que nos enviedes un vídeo facendo un experimento sinxelo.


IMPORTANTE !!!

Todas estas tarefas son para facer ao longo de toda a semana, debedes envialas antes do venres.
Darémoslle un valor a cada tarefa e será coma unha autoavaliación, polo que non haberá correccións.
Esforzarvos en facelas ben e así disfrutaredes dunha longa fin de semana !!!






VOLTAMOS O LUNS !!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

15 / 06 /2020

QUERIDAS FAMILIAS!!!       Rematamos este curso tan complicado e difícil que nos tocou vivir. As circunstancias non nos deixan que a...