plantas

plantas

mércores, 15 de abril de 2020

15 / 04 / 2020




BOS DÍAS !!!   Como levades a volta ao COLE ???

Que tal coas tarefas de onte ?

As profes estamos un pouco preocupadas porque non sabemos nada dalgúns alumn@s, non recibimos ningunha resposta , non sabemos se están a facer as tarefas, se non poden envialas... Por iso intentade mandarnos o que vos pedimos ( carta, plano, planta medicinal ) e a partires de hoxe , como temos que seguir na casa, gustaríanos que nos enviedes cada día as tarefas propostas.



Hoxe imos mandarvos algunhas fichas que podedes imprimir (os que non tedes impresora, non vos preocupedes,non tedes que copialas, nun folio poñedes a asignatura, o número da actividade e a resposta)


LINGUA CASTELÁ : Facedes a lectura e completades a ficha de comprensión lectora.






MATEMÁTICAS , repasades o Tema 8 e facedes estas fichas de reforzo :






LINGUA GALEGA, colledes o libro, ledes e copiades o ditado do exercicio 9 da páxina 139 sin faltas de ortografía e con moi boa letra.


Para rematar, en  SOCIAIS , como xa sabedes, mandamos repasar as comunidades autónomas, por iso hoxe ides realizar esta ficha de repaso.Tedes que poñer a Comunidade Autónoma que corresponde a cada número :


                      
                                    1 - Galicia
                                    2 - ............

Debedes tamén ler todo o tema 4, para poder facer ben a autoevaluación que faremos próximamente.


Esperamos que, coma sempre, intentedes realizar BEN as tarefas e se non sabedes algo, intentade buscar as respostas  nos temas que estamos dando, se non contades coa axuda  dun adulto que vos poida axudar. Tamén podedes recurrir a nós e preguntarnos a través dos nosos correos .

LEMBRADE que tedes que entrar nas páxinas de INGLÉS e de E.FÍSICA para facer as tarefas que vos propoñen !!!


    VOLTAMOS  MAÑÁN !!!

                                            😘 😘 😘

5 comentarios:

  1. Hola gema los ejercicios q hicimos hoy hay q mandartelos por correo???

    ResponderEliminar
  2. Buenas. Nosotros hacemos los ejercicios diariamente en papel. Los de clase y de inglés .. no mando por por correo porque las tecnologías no son lo mío. Antes de las 5 tampoco me es posible trabajando más que antes. Un saludo

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola ! Non sabemos quen eres. Volve a escribir co teu nome e o do alumno.Moitas grazas.
      Saúdos

      Eliminar
  3. Hola mary quería saber si te llega el correop

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Hola,no se quien eres vuelve a escribirme con tu nombre y el del alumno por favor.
      Un saludo

      Eliminar

15 / 06 /2020

QUERIDAS FAMILIAS!!!       Rematamos este curso tan complicado e difícil que nos tocou vivir. As circunstancias non nos deixan que a...