plantas

plantas

luns, 20 de abril de 2020

20 / 04 / 2020




BOS DIAS A TOD@S !!!             😀😀😀             

                                                                                         
QUE TAL A  FIN DE SEMANA???

Esperamos que ben e que todos mirarades o vídeo que vos mandamos, pois, como xa avisamos, imos empregalo para traballar sobre el.

Ademáis o día 23, XOVES, celebraremos o DÍA DO LIBRO e tamén faremos algunha actividade para celebralo.

Así que, comezamos con MATEMÁTICAS facendo unha ficha de repaso ( lembrar que nunha operación con paréntese, primeiro faise o do  paréntese e logo síguese o orde da operación ).

Exemplo:  3562 + ( 2493 - 937 ) = 3562 + 1556 = 5118






En LENGUA CASTELÁ queremos que fagades unha narración sobre todo o que saibades do CORONAVIRUS ( cales son os síntomas, como se contaxia, como cambiou a vosa vida, que problemas está orixinando....) e todo o que queirades contarnos que esté relacionado co tema.
Xa vos deixamos un vídeo sobre o tema e hoxe queremos deixarvos outro para que teñades máis información.




Por último en NATURAIS,  rematar as actividades do Repaso
da páx.76  : 6, 7, 8 ,9 ,10 .
(A actividade 6 podedes contestala buscando a resposta na páx 71)

Tamén sería recomendable ver estes novos vídeos que vos deixamos agora do Aparato Circulatorio e do Aparato Excretor.

                                         
APARATO  CIRCULATORIO



                                               APARATO EXCRETOR


                             

Por último decirvos que podedes realizar a maiores, con tempo, calquera traballo (poesías, relatos, debuxos, cómics, anuncios...) sobre o CORONAVIRUS e a situación que estamos a vivir. Algúns serán elexidos para formar parte dun traballo colectivo do noso colexio.


 VOLTAMOS  MAÑÁN !!!

                                            🙋 🙋 🙋

Ningún comentario:

Publicar un comentario

15 / 06 /2020

QUERIDAS FAMILIAS!!!       Rematamos este curso tan complicado e difícil que nos tocou vivir. As circunstancias non nos deixan que a...