plantas

plantas

mércores, 29 de abril de 2020

29 / 04 / 2020




BOS DÍAS A TODOS!!!      😀 😀 😀

Xa estamos a mércores, e como sabedes, este venres é festivo,
polo tanto, xa casi estamos na fin de semana, así que... ÁNIMO !!!

Comezamos as tarefas de hoxe, lembrando que revisamos o que vos propoñemos cada día.Por iso, para facilitar o noso e o voso traballo, necesitamos que os envíos sexan a diario e non con retraso.

Non esquezades que estades na aula, aínda que sexa virtual, e todos sabedes que as tarefas debemos facelas  igual de ben que na clase.



Hoxe ides comezar con SOCIAIS para facer a "Avaliación" do Tema 4 que estivestes traballando ata agora, procurade realizala o mellor posible (podedes utilizar todos os recursos que teñades).




En LINGUA CASTELÁ poñedes na páxina 134 do libro e facedes as actividades 6, 7, 8 e 9 de Gramática do Repaso Trimestral.


Rematades con MATEMÁTICAS e seguides repasando os números decimais (coidado co orde das cifras) con esta ficha :




Queremos despedirnos deixándovos esta mensaxe :






ATA MAÑÁN E QUE TEÑADES UN BO DÍA!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

15 / 06 /2020

QUERIDAS FAMILIAS!!!       Rematamos este curso tan complicado e difícil que nos tocou vivir. As circunstancias non nos deixan que a...