plantas

plantas

xoves, 30 de abril de 2020

30 / 04 / 2020




BOS DÍAS A TOD@S !!!          😀😀😀   


Como xa sabedes, imos disfrutar dunha longa FIN DE SEMANA,
polo tanto realizade rápido e ben as tarefas de Matemáticas e Naturais e envialas. A de Lingua Galega tedes de plazo ata o luns.
(Xa o poñemos máis abaixo).

Comezamos con MATEMÁTICAS e imos continuar co Repaso Trimestral das páxinas 128 e 129. Facemos as actividades 6, 7, 14 e 16.

En NATURAIS, seguimos repasando o tema 4 con esta ficha :




En LINGUA GALEGA ides facer o desafío da páxina 135.Tedes que seguir os pasos que nos indica a actividade do libro, elexir un lugar de Galicia, o que queirades, e confeccionar un folleto turístico para promocionar ese lugar. O grupo será a vosa familia. Así que, animade a todos, e durante esta fin de semana adicádevos a facer ese folleto. O luns enviádelo (facédelo nun folio) e o que queira, tamén pode facer un vídeo de presentación e enviárnolo.

IMPORTANTE !!!

Algúns contestades as actividades das fichas sen pensar, nin vos molestades en ver polo libro o que non sabedes e cometedes bastantes erros, que NÓS temos en conta cara a Avaliación. Así que, cando non estedes totalmente seguros, ou dubidedes as respostas, por favor consultade o libro.


OLLO !!!

Hoxe queremos deixarvos as SOLUCIÓNS ás fichas de onte, porque tiñades bastantes erros e queremos que os corrixades:

MATEMÁTICAS :

AVALIACIÓN SOCIAIS :





DESPEDÍMONOS ATA O LUNS, desexándovos:


UNHA  FELIZ E DIVERTIDA FIN DE SEMANA!!!







Ningún comentario:

Publicar un comentario

15 / 06 /2020

QUERIDAS FAMILIAS!!!       Rematamos este curso tan complicado e difícil que nos tocou vivir. As circunstancias non nos deixan que a...