plantas

plantas

xoves, 16 de abril de 2020

16 / 04 / 2020




     OLA  A TOD@S !!!  💁  💁  💁



     BENVID@S un día máis a nosa aula virtual !!!                          

 Imos seguir traballando así por tempo indefinido, por iso necesitamos que estedes en contacto con nós , xa que aínda non sabemos como vai ser a terceira avaliación. Mentras tanto, continuaremos facendo un repaso do dado ata agora.

Comezamos ....



En LINGUA CASTELÁ repasades o Tema 8 e realizades as actividades 4,5 e 6 da páxina 133. Para poder facelas ben , ledes detidamente os cadros dos numerais , as familias de palabras e o campo semántico.


En MATEMÁTICAS poñedes nas páxinas 124 e 125. Facedes os problemas 6, 7 e 18. Fixarvos ben nas unidades e lembrar que para facer operacións tedes que pasar todos os datos a mesma unidade.


En LINGUA GALEGA facedes un repaso do Tema 8 e a continuación esta ficha de reforzo:







En NATURAIS imos facer as actividades 1, 2, 3, 4 e 5 do Repaso da unidade da páx.76 (podedes facelas sen enunciado).Esperamos que saibades facelo sen ver polo libro,pois levamos moito tempo con este tema.Agora ben,se non sabedes algunha actividade, deixádea para o final e logo copiades a resposta correcta vendo polo libro.

Imos deixarvos estes vídeos dos aparatos que interveñen na NUTRICIÓN que vos poden servir de axuda. É importante prestarlle atención!!!

                               APARATO DIXESTIVO




APARATO RESPIRATORIO  



APARATO CIRCULATORIO  

                                          


APARATO EXCRETOR   






IMPORTANTE!!!

Lembrar que cada día tedes que enviar todas as tarefas rematadas, a poder ser, antes das cinco da tarde ( salvo algunha excepción ) ao noso correo!!!

NON VOS ESQUEZADES !!!  ATA MAÑÁN !!!


                                   😜😜😜😜😜 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

15 / 06 /2020

QUERIDAS FAMILIAS!!!       Rematamos este curso tan complicado e difícil que nos tocou vivir. As circunstancias non nos deixan que a...