plantas

plantas

xoves, 11 de xuño de 2020

15 / 06 /2020



QUERIDAS FAMILIAS!!!      


Rematamos este curso tan complicado e difícil que nos tocou vivir.
As circunstancias non nos deixan que a despedida sexa como nos gustaría, pero queremos que sepades que estamos moi agradecidas
polo voso esforzo, pola vosa dedicación e pola colaboración coa  que sempre contamos.
Por todo iso e en especial aos nosos alumnos, desexámosvos unhas FABULOSAS VACACIÓNS e un FELIZ VERÁN . 

Esta última semana queremos que as tarefas sexan divertidas
e que teñades recursos e actividades lúdicas para seguir aprendendo a través do xogo durante as vacacións.

Podedes acceder a xogos das diferentes materias a través dos enlaces que vos deixamos a continuación.

XOGOS DE MATEMÁTICAS
https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-matematicas/numeros/num-cuarto

https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-matematicas/problemas/pro-cuarto

https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-matematicas/medidas/med-cuarto


XOGOS DE LINGUA 
https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-lenguaje/gramatica/gra-cuarto

https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-lenguaje/vocabulario/voc-cuarto

https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-lenguaje/ortografia/ort-cuarto

https://www.mundoprimaria.com/lecturas-para-ninos-primaria/lecturas-comprensivas


XOGOS DE SOCIAIS
https://juegosinfantiles.bosquedefantasias.com/ciencias-sociales/geografia

https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-mapas-espana


XOGOS DE NATURAIS
https://juegosinfantiles.bosquedefantasias.com/ciencias-naturales

https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-ciencias/entorno

https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-ciencias/materia-energia

https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-ciencias/salud-bienestar

https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-ciencias/seres-vivos


IMPORTANTE !!!

"O próximo xoves,día 18,levarase a cabo a ENTREGA DE NOTAS e a recollida dos libros de préstamo que teñan os alumnos nas súas casas. Ademáis, faremos a entrega aos alumnos que teñen libros propios, dos que quedaron nas aulas. 
Para evitar aglomeracións, citarémosvos a través do correo electrónico coa hora que lle corresponde a cada un."


Este CURSO, este ANO 2020 e sobre todo VÓS, estaredes SEMPRE no noso recordo.

GRAZAS, GRAZAS e GRAZAS e... ata o curso que ven.

      QUERÉMOSVOS !!!
      
               Mari e Gema

                           








luns, 8 de xuño de 2020

8 / 06 / 2020


BOS DÍAS FAMILIAS !!!  



Xa case estamos rematando o curso... Coas actividades desta semana, remataremos as tarefas de autoavaliación.

Na última semana non teredes que enviar ningunha tarefa, eso sí, farémosvos algunha proposta interesante.


Comezamos :

En LINGUA CASTELÁ facedes esta ficha de avaliación:




En MATEMÁTICAS tamén ides facer esta ficha de avaliación:



En LINGUA GALEGA ledes este texto e completades a ficha de Comprensión Lectora.



                                



Por último, en SOCIAIS avanzaremos conceptos que traballaredes o próximo curso, coñecendo as provincias que forman as distintas Comunidades de España.



A continuación tedes que poñer a cada número a provincia que representa, escribídeas e lembrade de usar as maiúsculas (non poñades o nome no mapa, senón que, nunha folla poñedes o número e ao lado a provincia correspondente) que podedes ir vendo no mapa que tedes enriba.



Exemplo: 1- A Coruña
                 2-

Despedímonos lembrando que as tarefas debedes entregalas antes do venres e de que debedes facelas o mellor posible. 





DISFRUTADE DA SEMANA E SER FELICES!!











venres, 5 de xuño de 2020

VIDEOS EXPERIMENTOS


BENVID@S DE NOVO!!!
Hoxe tamén queremos compartir con tod@s vós os vídeos dos experimentos que chegaron a tempo ou non houbo dificultades para subilos, para que vexades o traballo d@s vos@s compañeir@s. Sabemos que algúns disfrutástedes moito realizando esta actividade, e nós estamos moi contentas c@s nos@s CIENTÍFIC@S.


A DISFRUTAR COAS IMAXES !!!

ANTÍA

ÉRICA

GONZALO

PABLO PIÑEIRO
                                          

YERAY

CLARA

HELENA

IRIA

MANUEL

MARTÍN

DANIELA

                                                           
                                                                  ÁFRICA

                                                           
                                                                     JORGE


                                                                     HUGO

                                                                     EFRÉN


                                                                     OLALLA

                                                                  PABLO GARCÍA

                                                                       PEDRO 

NICOLÁS

DAMIÁN


DARÍO


E para rematar, o vídeo de ELENA, que como pesa moito, tivemos que poñer o enlace para poder velo!!!


MOI  BO  TRABALLO  RAPACES !!!

                           



luns, 1 de xuño de 2020

1 / 06 / 2020



BOS DÍAS A TOD@S !!!


Xa chegamos ao mes de XUÑO, tod@s estamos cansos, pero o curso aínda non rematou !!!
Coma sempre, neste mes só teríamos clases de mañán, por iso, imos cambiar o ritmo e reducir as tarefas a un traballo semanal.

Nesta primeira semana realizaredes as seguintes actividades:

En LINGUA CASTELÁ faredes a lectura deste pequeno texto e a continuación a ficha de Comprensión Lectora.




En MATEMÁTICAS ides facer cálculo.
Coloca e efectúa :

     893 + 12,3 + 1,234 =
     2437,2 - 1348,52 =
     543,26 x 327 =
     69870 : 46 =


En LINGUA GALEGA inventa ou busca unha poesía sobre 
" O mar " (máximo 12 versos). Lembra como debe escribirse unha poesía.


En NATURAIS, como non tivemos Semana da Ciencia, queremos que nos enviedes un vídeo facendo un experimento sinxelo.


IMPORTANTE !!!

Todas estas tarefas son para facer ao longo de toda a semana, debedes envialas antes do venres.
Darémoslle un valor a cada tarefa e será coma unha autoavaliación, polo que non haberá correccións.
Esforzarvos en facelas ben e así disfrutaredes dunha longa fin de semana !!!






VOLTAMOS O LUNS !!!

15 / 06 /2020

QUERIDAS FAMILIAS!!!       Rematamos este curso tan complicado e difícil que nos tocou vivir. As circunstancias non nos deixan que a...