BOS DÍAS RAPACES !!!
Xa estamos de novo na fin de semana para poder relaxarnos e esquecernos un par de días das nosas obrigas escolares .
Imos comezar o máis axiña posible o noso traballo para rematar canto antes e poder disfrutar destes dous días de lecer.
En LINGUA GALEGA ides ler a receita "Galletas de manteiga"que aparece na páxina 84 do libro, e a continuación tedes que elaborar unha receita vós, onde aparezan os dous apartados : Ingredientes e Modo de preparación.
CÁLCULO. Coloca e efectúa :
367,2 + 5189,34 + 19,63 =
8594,3 - 965,17 =
4831,5 x 67 =
96827 : 43 =
Por último colledes o libro de SOCIAIS, onde comezamos a repasar o Tema 2. Ledes detidamente as páxinas 34 e 35, e realizades as actividades 7 ,8 e 10 desta páxina. Na actividade 8 hai un erro, debedes poñer que número (non que nome) corresponde a cada un destes mares.
Despedímonos desexándovos que o pasedes moi ben e que voltedes con moitas ganas de traballar a vindeira semana.
FELIZ FIN DE SEMANA E ATA O LUNS!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario