plantas

plantas

martes, 17 de marzo de 2020

17/03/2020

Bo día!!! Que tal imos coas tarefas propostas?   
Esperamos que BEN,se non é así, podedes facer un pequeno caderno coas dúbidas que teñades en calquera materia,para poder solucionalas  á volta.

Hoxe martes imos comezar con L.CASTELÁ. Abrimos o libro na páxina 126 e traballamos coas familias de palabras.Podemos copiar o cadro e facer as actividades da páxina.Lembrade, son familia e PARÉCENSE.

Seguimos con L. GALEGA facendo un REPASO do Tema no que nos atopamos e continuamos na páxina 131 facendo as actividades e copiando o Obradoiro Ortográfico coa actividade 2.
Non esquezades de copiar SEN FALTAS.
 

Agora pasamos a NATURAIS e imos a páxina 71, onde nos atopamos co Aparato Circulatorio e o Aparato Excretor. Lemos detidamente o funcionamento deses aparatos e facemos a actividade proposta. Tamén podemos acceder a smCelmedixital.com e utilizar os recursos interactivos propostos.
Ademáis como todos sodes pequenos artistas,podedes debuxalos  e escribir as súas partes.
Tamén podedes buscar en google vídeos sobre eles que hai moitos e moi interesantes.


Lembrarvos que o profe de Educación Física ten un enlace ao seu blog na parte dereita da páxina e a profe de Inglés tamén:




DISFRUTADE DE TODAS ESTAS ACTIVIDADES!!!





Ningún comentario:

Publicar un comentario

15 / 06 /2020

QUERIDAS FAMILIAS!!!       Rematamos este curso tan complicado e difícil que nos tocou vivir. As circunstancias non nos deixan que a...