plantas

plantas

mércores, 18 de marzo de 2020

18/03/2020


Xa chegamos ao mércores!!!!Que tal imos? Ánimo, que temos a ponte para descansar !!!

Continuamos coas tarefas para este día.

Comenzamos con L.CASTELÁ,  imos a páxina 127, copiamos o  cadro do campo semántico ( palabras que teñen un significado común ) e facemos as actividades da páxina. Tamén podemos acceder á páxina web www.anayaeducacion.es e ir vendo e realizando as actividades propostas do tema 8 no que nos atopamos.

En MATEMÁTICAS imos a páxina 118, repasamos as medidas de capacidade ( lembrade que a escaleira sube e baixa igual que nas medidas de lonxitude ) e intentamos facer as actividades das páxinas 118 e 119. Tamén nesta materia podemos acceder a páxina de Anaya.
Xa sabedes, si tedes dúbidas anótadeas no"caderno de dúbidas",
pero INTENTÁDEO.  (Errándo e correxindo tamén aprendemos).

Para rematar Mate e non esquecernos da división,faremos esta conta de dividir coa súa proba:

                   987435 : 42 

  Na área de L.GALEGA faremos a tarefa competencial da páxina 134 da Nosa Cultura adicada á "MURALLA DE LUGO" . Lemos esa pequena referencia que nos fan das murallas e contestamos ás preguntas.Hai que copiar os enunciados e responder.

           Podemos buscar información en internet sobre ela, pois foi declarada Monumento Nacional e recoñecida como Patrimonio da Humanidade. Tamén podemos vela virtualmente, pois ir ata alá, agora mesmo é, MISIÓN IMPOSIBLE!!!!


OLLO !!!

Lembrar que, a" SEMANA DA CIENCIA " vaise facer á volta e  que podedes adicarvos a facer un invento con tempo e moita calma para sorprendernos a todos cando regresemos.
   
 USADE A VOSA IMAXINACIÓN PARA PODER FACER DA NADA UN MUNDO.

FELIZ   PONTE  PARA TODOS!!!
                               
VOLTAMOS O LUNS!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

15 / 06 /2020

QUERIDAS FAMILIAS!!!       Rematamos este curso tan complicado e difícil que nos tocou vivir. As circunstancias non nos deixan que a...