plantas

plantas

luns, 23 de marzo de 2020

23/03/2020

BOS DÍAS!!!  Xa estamos outra vez con todos vós.Non vos esquecemos! Que tal estades levando este encerro sin poder saír da casa?  Esperamos que esteades o mellor posible.Témolo que facer.

  " É POLO BEN DE TODOS "

Ás profes gustaríanos que nos escribirades un correo electrónico (que fai algún tempo vimos na clase como se facía) contándonos que tal vos vai, si as tarefas que poñemos son suficientes, si necesitades axuda, como vos sentides, si botades de menos o cole, os amigos, a nós ...  Bueno, imos comenzar coas tarefas que vos propoñemos para hoxe.

Na área de L CASTELÁ queremos que todos os que poidades nos enviedes o correo que propuxemos anteriormente. Os que non poidan envialo, poden escribir unha carta (que tamén xa vimos como se facía) e xa a leremos á volta. Todo isto témolo que facer sen faltas de ortografía e redactando o mellor posible en castelá.

En MATEMÁTICAS repasamos as medidas de capacidade da páxina 118, lembrando a escaleira, que cando baixa, multiplica por 10 e cando sube, divide entre 10. Despois de repasar, facemos as actividades da páxina 119, incluído o cálculo mental que vos sirve para xogar cos vosos pais a ver quen é máis rápido. Unha pista, para multiplicar un número de dúas cifras por 4, primeiro multiplico ese número por 2 e o que me de, volvo a multiplicalo outra vez por 2. A ver que tal o facedes!!!

  Seguimos con L. GALEGA e como o sábado foi o día da poesía,  
queremos  que cada un de vós intente facer unha, en galego, adicada a PRIMAVERA que acaba de chegar. Sabemos que sodes
uns grandes poetas, moi creativos, e de que  podedes facelo moi ben! Á volta , cada un terá que recitar a súa poesía na clase e agasallarnos a tod@s coa súa creación.


Imos rematar con SOCIAIS. O tema que estamos dando está moi adecuado co tempo que nos está tocando vivir. Si prestades atención nalgún momento ás noticias, veredes como os nosos representantes no Goberno están dando as ordes necesarias para que todo salga o mellor posible e os cidadáns temos a obriga de cumplir as normas e facer caso do que eles están dicindo: "QUÉDATE NA CASA".Nós, como bos cidadáns, estamos a facelo.
Despois de que leades todo isto, imos ir a páxina 78 e facer as actividades propostas nela.

IMPORTANTE!!!

Non  sabemos si o estades facendo, non dixemos nada, pero a partires de hoxe, lembrar que queremos que cada día poñades a data e de que copiedes os enunciados de todas as actividades sin faltas de ortografía. Así imos mellorando a nosa escritura.

NON VOS ESQUEZADES DE ENVIARNOS O CORREO!!!

Os de 4º A teñen que envialo a:marydf@hotmail.es

Os de 4º B envíano a : gemamalvido59@gmail.com

Si tendes algunha dúbida sobre calquera cousa tamén podedes enviarnos un correo a esas direccións. Daremos resposta a tod@s o antes posible.Queremos estar en contacto con vós!!!


MOITOS BIQUIÑOS E ATA MAÑÁN!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

15 / 06 /2020

QUERIDAS FAMILIAS!!!       Rematamos este curso tan complicado e difícil que nos tocou vivir. As circunstancias non nos deixan que a...