plantas

plantas

martes, 24 de marzo de 2020

24/03/2020



BO DÍA  A  TOD@S!!!  Dende as nosas casas , as titoras de 4º, desexamos que esteades a pasalo o mellor posible e que as tarefas que estamos mandando sirvan para facer os días máis curtos e poidades estar o máis entretidos posible .

Tamén queremos que nos enviedes o correo que vos pedimos onte.
É importante, necesitamos saber como vos vai. Algúns xa o mandaron, pero aínda faltan bastantes. 

Agora imos continuar coas tarefas de hoxe:

En L. GALEGA  poñemos na páxina 132 e traballamos "As normas" facendo as actividades 1 e 2 . Logo facedes o Obradoiro de Expresión coas súas actividades. Queremos que o fagades con boa letra e ben presentado.Tedes moito tempo!


Seguimos con MATEMÁTICAS e abrimos na páxina 120. Agora tocan as medidas de peso :  kg  hg  dag  g  dg  cg  mg . Podedes facer unha escaleira con elas e logo as actividades da páxina.
Lembrade: sempre que pasamos de unidade maior a menor multiplícase e,pola contra, de menor a maior, divídese.
Si multiplicamos, engadimos ceros e si dividimos, quitamos ceros, tantos como peldaños subamos ou baixemos na escaleira.
Como pensamos que estas actividades remátanse rápido, faredes tamén a seguinte división coa súa proba:

          895436 : 27

Rematamos con NATURAIS indo a páxina 71 e facendo (os que aínda non o fixeron) os debuxos do Aparato Circulatorio e do Aparato Excretor coas súas partes e copiando os cadros coa función de cada órgano.

Tamén nos gustaría que cada un de vós buscara información en internet e elaborara unha ficha nun folio dunha PLANTA MEDICINAL (a que queirades)  na que deberedes incluir (si podedes , unha imaxe da planta elexida ) e logo a seguinte información:

- Algunhas características da planta.
- Beneficios que nos proporciona.
- Usos máis comúns.

Si non podedes poñer a imaxe, non vos preocupedes.Poñerédela cando voltemos ao cole. O que nos interesa é a información para ir adiantando co  noso PROXECTO.

Esta tarefa podedes ir facéndoa durante toda a semán.O luns teredes que enviarnos unha foto para ver como vos quedou a través do noso correo. Podedes poñerlle todos os adornos que queirades. Facela con cariño e con moita calma para que quede o mellor posible!!!


IMPORTANTE!!!

Entrar na páxina de INGLÉS que tedes na dereita, que Rani está preocupada por saber si estades facendo as tarefas que vos propón.

A profe de MÚSICA díxonos que practiquedes moito na flauta a última canción que vos deu .Agora tedes moito tempo e coa vosa música podedes animar a toda a familia e aos veciños!!!ja, ja,ja

SI TEDES ALGUNHA DÚBIDA SOBRE ALGO, FACÉRNOLO SABER A TRAVÉS DO BLOG OU A TRAVÉS DO NOSO CORREO!!!

VOLTAMOS MAÑÁN!!! APERTAS PARA TOD@S !!!


                                                                                                                                               

















































Ningún comentario:

Publicar un comentario

15 / 06 /2020

QUERIDAS FAMILIAS!!!       Rematamos este curso tan complicado e difícil que nos tocou vivir. As circunstancias non nos deixan que a...