plantas

plantas

mércores, 25 de marzo de 2020

25/03/2020




BOS DÍAS!!!   QUE TAL IMOS CO NOSO TRABALLO???




Xa estamos a MÉRCORES!!!  e... antes de comezar coa nosa tarefa, queremos dicirvos que estamos moi contentas cos correos que nos estades enviando e, polo que nos contades, parece que non estades a ter moitas dificultades para facer o traballo que vos propoñemos.
Aínda faltan algúns por envialo, esperamos recibilos canto antes.


Hoxe  empezamos por L.CASTELÁ. Poñedes na páxina 128 e ledes o cadriño azul que  fala dos formularios e das enquisas. Vedes a diferencia que hai entre un e outro. Realizades a actividade 1 copiando o formulario. A continuación facedes no "Taller de Expresión" os dous primeiros puntos, elaborando preguntas para a enquisa e poñendo debaixo as respostas ( como o exemplo que aparece no libro). O terceiro punto non o facedes.


Cando rematedes, pasades a MATEMÁTICAS. Repasamos as medidas de peso ( kg hg dag g dg cg mg ) e seguimos coas actividades da páxina 121. No último exercicio só facemos a primeira cuestión.


Agora pasades a L.GALEGA e ides a páxina 133.Copiades o cadriño azul e facedes as actividades 1 e 2. Ledes o texto con  calma e logo contestades as preguntas que hai sobre ese poema.


E para rematar, SOCIAIS. Repasades as páxinas 80 e 81 que falan do traballo e dos distintos sectores económicos (primario,  secundario e terciario). Distinguides ben as actividades que se realizan en cada un deles e continuades facendo as actividades 21e 22 e os que poidan entrar en Celmedixital fan tamén a 23. Os que non poidan entrar, que non se procupen. Non a teñen que facer.


IMPORTANTE!!!


Seguimos insistindo en que vaiades ás páxinas de INGLÉS e de E.FÍSICA para realizar as diferentes tarefas que atoparedes alí.




Por hoxe, XA REMATAMOS!!! ATA MAÑÁN !!!


TRABALLADE MOITO!!!   BIQUIÑOS PARA TOD@S!!!








1 comentario:

15 / 06 /2020

QUERIDAS FAMILIAS!!!       Rematamos este curso tan complicado e difícil que nos tocou vivir. As circunstancias non nos deixan que a...