Benvidos e benvidas nais, pais, alumnas e alumnos de 4º ao noso blog!! Aquí poderedes atopar as actividades e tarefas necesarias para reforzar coñecementos e non baixar o ritmo nestes días na casa. Día a día iremos publicando o traballo a realizar comezando dende o luns 16 de Marzo.
plantas
luns, 30 de marzo de 2020
30 / 03 / 2020
BOS DÍAS!!! XA ESTAMOS DE VOLTA!!!
Iniciamos unha nova semana na que esperamos que sigades traballando coas mesmas ganas e co mesmo ritmo da anterior.
Sodes uns auténticos CAMPIÓNS !!!
En primeiro lugar, colledes o libro de L.GALEGA e voltades a ler o resumo que fixestes o xoves pasado, para facer un repaso do tema no que estamos. Logo, facedes as actividades 1, 2 e 3.
Na 1, tedes que poñer o número de cada froito e ao lado o seu nome, na 2 e na 3, facedes o que vos pide o enunciado.
En MATEMÁTICAS ides a páxina 124 e ledes con moita calma o repaso da unidade, entendendo ben o que pon. A continuación, facedes os exercicios 2, 3, 4 e 5. Ter moito coidado co paso das unidades !!! Utilizade a escaleira ou a táboa para non equivocarvos.
Na área de L.CASTELÁ poñedes na páxina 132 e copiades e completades o resumo da unidade 8. Xa sabedes como se fai. Ao longo do tema, nos recadros, atopamos as respostas. Facelo con boa letra e sin faltas de ortografía.
Rematamos con NATURAIS, abrimos o libro na páxina 73, lemos a pregunta "A conservación dos alimentos" e o apartado "Sabías que?
Agora, podemos aproveitar para levantarnos e comprobar que alimentos consevamos no frío e cales conxelados . Tamén podemos ir a despensa e ver os que temos en conserva (fíxate na data de caducidade).
A continuación, sentámonos e lemos a pregunta "Prácticas saudables para a nutrición". Realizamos un mapa mental con cada unha delas.
Con todo isto, rematamos por hoxe. Lembrade que, ademáis de facer as tarefas propostas, hai que ler cada día o que imos dando de Naturais ou de Sociais, repasando sempre o anterior (como facemos na clase).
LEMBRADE que tedes que entrar na páxina de INGLÉS para facer as actividades que pon RANI !!!
POR HOXE, NADA MÁIS.
ÁNIMO E ATA MAÑÁ CAMPIÓNS !!!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
15 / 06 /2020
QUERIDAS FAMILIAS!!! Rematamos este curso tan complicado e difícil que nos tocou vivir. As circunstancias non nos deixan que a...
-
BOS DÍAS A TOD@S!!! Que tal estades? Preparados para comezar o traballo proposto para hoxe ? Si? Pois imos aló!!! Empezamos po...
-
BOS DÍAS !!! Como levades a volta ao COLE ??? Que tal coas tarefas de onte ? As profes estamos un pouco preocupadas porque non sabe...
-
Coller o libro de lingua galega pola páxina 130 e ler o texto da actividade 1 e as normas ortográficas das palabras que se escriben con ...
Ningún comentario:
Publicar un comentario