Benvidos e benvidas nais, pais, alumnas e alumnos de 4º ao noso blog!! Aquí poderedes atopar as actividades e tarefas necesarias para reforzar coñecementos e non baixar o ritmo nestes días na casa. Día a día iremos publicando o traballo a realizar comezando dende o luns 16 de Marzo.
plantas
martes, 31 de marzo de 2020
31 / 03 / 2020
BOS DÍAS A TOD@S !!! Que tal ides co traballo na casa???
Esperamos que non teñades problema. Poñede ATENCIÓN e ganas para facelo ben e rematar o antes posible!!!
Comezamos co traballo de hoxe, MARTES !!!
En primeiro lugar facedes MATEMÁTICAS.Seguides traballando coas unidades de capacidade e de peso.Ter moito coidado co paso dunhas unidades a outras. Repasar de novo as táboas ou as escaleiras dos litros e dos gramos.Cando baixan, engadimos ceros, cando suben, quitamos ceros.
Poñedes na páxina 125 e facedes as actividades 8, 9 e 10.
Continuades con L.GALEGA e abrides o libro na páxina 137. Ledes con calma o poema da actividade 4 e respondedes ás preguntas que aparecen ao rematar dito poema.
Logo, facedes a actividade 5, onde tedes que poñer de que palabra provén cada un deses grupos de palabras derivadas que temos aí.
Rematades lingua galega facendo as actividades 6 e 7.
.
Por último, colledes o libro de SOCIAIS e, con calma e entendendo, ledes as páx.84 e 85 e contestades de xeito ORAL as actividades da páxina. Despois, facedes un repaso do tema que estamos traballando.
IMPORTANTE !!!
Queremos lembrarvos que aínda non estades de vacacións. Queda pouco. As tarefas que vos propoñemos, NON SON DEBERES, son as tarefas que teríamos que estar facendo na clase e que agora, polo motivo que todos sabedes, témolas que facer na casa.
ÁNIMO E ATA MAÑÁN !!!
😉😉😉
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
15 / 06 /2020
QUERIDAS FAMILIAS!!! Rematamos este curso tan complicado e difícil que nos tocou vivir. As circunstancias non nos deixan que a...
-
BOS DÍAS A TOD@S!!! Que tal estades? Preparados para comezar o traballo proposto para hoxe ? Si? Pois imos aló!!! Empezamos po...
-
BOS DÍAS !!! Como levades a volta ao COLE ??? Que tal coas tarefas de onte ? As profes estamos un pouco preocupadas porque non sabe...
-
Coller o libro de lingua galega pola páxina 130 e ler o texto da actividade 1 e as normas ortográficas das palabras que se escriben con ...
Ningún comentario:
Publicar un comentario