plantas

plantas

venres, 15 de maio de 2020

15 / 05 / 2020




BOS DÍAS FAMILIAS !!!            


Benvidos a tod@s neste día tan especial, hoxe, 15 de maio, celebramos o "DÍA INTERNACIONAL   DA FAMILIA"  e queremos celebralo 
con algún pequeno xesto.

Comezamos con estas citas.

"A FAMILIA é onde a vida comeza
e o amor nunca remata"

"A miña FAMILIA é a miña forza e a miña debilidade,
 non é algo, o é todo"

Así que imos homenaxear as nosas familias adicándolles o traballo de hoxe.

O primeiro que ides facer vai ser unha CARTA de agradecemento a vosa familia onde lle contedes o contentos que estades de pertenecer a ela e o ben que vos sentides por todo o que vos dan. Podedes facela en galego ou en castelán.

Agora facedes un pouco de CÁLCULO ( coidado coa colocación dos números decimais). 
Coloca e efectúa :

6473,85 + 91,4 + 285,17 =
8352,5 - 743,82 =
2749,3 x 56 =
95738 : 34 =

Por último ledes as páx.14 e15 do libro de NATURAIS sobre a "Nutrición das plantas" e facedes as actividades 11,12 e 13 da páx.15.
Pero antes visualizades este vídeo para repasar conceptos anteriores e aprender algún novo.




Rematamos por hoxe, propoñéndovos que nos enviedes unfa foto da vosa familia, e ademáis, si queredes, podedes acompañala cun debuxo desa mesma foto.





DISFRUTADE MOITO  DA VOSA FAMILIA !!!

VOLTAMOS O LUNS !!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

15 / 06 /2020

QUERIDAS FAMILIAS!!!       Rematamos este curso tan complicado e difícil que nos tocou vivir. As circunstancias non nos deixan que a...