BOS DÍAS A TOD@S !!!
Benvidos unha semana máis !!!
Aínda que sexa unha obrigación, queremos darvos as grazas por
conectar con nós cada día e facer ese pequeno esforzo de continuar coas clases a distancia a través do noso blog.
Onte, 17 de Maio, foi o día das LETRAS GALEGAS, aínda que este ano pola situación que estamos vivindo non se pudo celebrar como outros anos, queremos facer unha pequena referencia a este día.
O homenaxeado foi RICARDO CARBALLO CALERO e para que saibades algo da súa vida imos deixarvos estes vídeos sobre el.
Despois de ver os vídeos, queremos que nos escribades, en LINGUA GALEGA, todo o que aprendéstedes deste autor.
Teredes que comezar así : O Día das Letras Galegas do ano 2020 estivo adicado a... e logo continuar con todo o que xa sabedes falando da súa vida e da súa obra.
En MATEMÁTICAS repasades a fracción dunha cantidade na páxina 80 (ler o cadro para lembrar como se calcula) e a continuación facedes as actividades 1 e 2 e os problemas 4 e 6.
En SOCIAIS realizades a actividade 30 da páx.26. Antes debedes ler as páx.22, 23, 24 e 25 do tema 1 para poder facer ben o exercicio proposto.
Para rematar, queremos compartir con tod@s vós as fotos que nos enviástedes das vosas familias !!!
MOITAS GRAZAS A TOD@S POLA VOSA IMPLICACIÓN !!!
PASADE UN BO DÍA E ATA MAÑÁN !!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario