plantas

plantas

luns, 18 de maio de 2020

XINCANA



Como todos os meses de maio, o colexio celebrará unha Xincana,
que este ano, polas circunstancias nas que estamos vivindo, chamarase XINCANA DO CONFINAMENTO, onde cada curso realizará unha serie de actividades para participar que podedes ler a continuación.

ÁNIMO E A CONSEGUIR O RETO !!!





INSTRUCCIÓNS da XINCANA
4º PRIMARIA
Tendes dende o Luns 18 ata o Venres 29 de Maio para completar os 6 retos que se explican nestas instruccións. Hai que enviar cada reto conseguido ao enderezo do profe que se indica, e eles confirmarán que podes tachalo da lista e seguir co seguinte! Lembrade decir quen sodes, e en que curso estades!
Cando remates todas as tarefas envíame un correo a ajcostas@edu.xunta.gal , para conseguir o teu premio!!
Adiante, aquí están as tarefas!! Non fai falla facelas en orde!!!


  1. Constrúe un instrumento orixinal ou similar a un existente, sacade dúas ou tres fotos do proceso ou un pequeno vídeo e mandádello a marivilas59@gmail.com
  2. Mandade unha foto ou video falando EN INGLÉS das partes da casa nas que máis vos gustou estar estes días de confinamento, para ranipaz73@gmail.com
  3. Que sabes facer? Pensa en algo que sexas experto ou experta, calquera cousa que queiras compartir, ensinar ou no que podas axudar aos demáis. Pode estar relacionado cun deporte, unha materia escolar, un idioma, unha receita de cociña...E elabora o teu anuncio. https://drive.google.com/open?id=1MJsMVGgo8Cw2L__lJRIUhgbXj3mHh4Og . Enviádello a marietapon@gmail.com
  4. Que non Caia!” O desafío que tedes que completar chámase: Que non Caia!! Faise complicado pero non imposible! Debedes inflar un globo ou coller unha pelota lixeira e realizar dez toques sen que caia ao chan. Xa vos estou a oir, “Alberto, iso non é complicado” “Pff isto faino meu irmán de primeiro” xa, xa, é que non me deixades rematar, os toques deben ser con calquera parte do corpo pero non vale facelos dúas veces consecutivas coa mesma parte! É dicir, podemos dar un coa man, outro co pé, outro coa cabeza, repetir coa man, pero non podemos dar dúas veces seguidas coa man, nin co pé, nin con ningunha das partes do noso corpo!Enviádello a ajcostas@edu.xunta.gal
  5. Escribiredes unha carta a un neno de outro país contándolle todo o que nos aconteceu aquí dende o día que nos dixeron que non podíamos ir ao cole e que esperades que pase de aquí en adiante. Contádelle ben que sentístedes cando vos dixeron que non podíamos ir ao cole, que cambios notástedes no voso día a día, que vivístedes na vosa casa, cousas que vos chaman a atención, como
    creedes que será a volta ao cole… Sería importante que nos lerades a carta vos mesmos e o mandásedes nun audio acompañando a carta para que poidamos comprendela totalmente!
    Enviádello a ajcostas@edu.xunta.gal
  6. Escollede 2 ou máis cores que representen os vosos sentimentos. Facede un debuxo na man utilizando esas cores, sacade unha foto e explicade a través dun vídeo ou texto breve as cores escollidas. Enviade todo a oteromiguelez.lucia@gmail.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario

15 / 06 /2020

QUERIDAS FAMILIAS!!!       Rematamos este curso tan complicado e difícil que nos tocou vivir. As circunstancias non nos deixan que a...