plantas

plantas

martes, 5 de maio de 2020

5 / 05 / 2020



BOS DÍAS A TODOS!!!      😊 😊 😊

Hoxe queremos empezar a xornada, lembrando que aínda hai algúns alumnos que non enviaron nada sobre o CORONAVIRUS.

Como xa temos bastantes textos, propoñémosvos que polo menos 
fagades un debuxo, un cómic, un anuncio publicitario, unha lenda,
un conto, unha mascota...calquera expresión literaria ou artística 
sobre o COVID 19. Tedes ata o 24 de maio para entregalos, por 
suposto, que podedes realizar máis dun traballo, iso o deixamos a vosa elección.

Comezamos coas tarefas de hoxe :

En LINGUA GALEGA ides facer de novo a lectura "Aprendiz de chef " das páxinas 74 e 75 e a continuación as actividades 1, 2, 3 e 4 do comentario da lectura da páxina 76. Tedes que copiar os enunciados. É importante a presentación ordenada, con boa letra e sin faltas de ortografía.


En MATEMÁTICAS seguides coas actividades 22, 24 e 26 da páxina 129.

Rematades con NATURAIS facendo estas dúas fichas de repaso sobre os Alimentos. Fixádevos ben e consultade o libro sempre que o necesitedes.






IMPORTANTE !!!

Animádevos a facer o traballo do COVID 19 (o colexio elexirá os mellores traballos cómo representación do noso centro).





Ningún comentario:

Publicar un comentario

15 / 06 /2020

QUERIDAS FAMILIAS!!!       Rematamos este curso tan complicado e difícil que nos tocou vivir. As circunstancias non nos deixan que a...