plantas

plantas

mércores, 6 de maio de 2020

6 / 05 / 2020

  

BOS DÍAS DE NOVO!!!         😀😀😀


Hoxe queremos que fagades unha  REFLEXIÓN  sobre como estades a facer as tarefas.

Polo que nós estamos a observar, algúns as fan sen pararse a pensar ou sen repasar antes o que estamos traballando e xa non lembran conceptos anteriores básicos para poder realizalas ben.

Polo tanto xa sabedes o que tedes que facer (REPASAR  e REFLEXIONAR) antes de contestar . 

  Así que imos poñernos as pilas e comezamos.

En LINGUA CASTELÁ seguides co Repaso Trimestral da páxina 135 e facedes as actividades 10, 11 e 12 do apartado de Vocabulario.
Na actividade 12, primeiro poñedes unha palabra con cada un dos prefixos (partículas que van diante das palabras para formar outras novas)  e logo escribides o texto.


En MATEMÁTICAS facedes un repaso de como se comparan e ordenan os números decimáis, da suma e da resta (con estas fotos que vos deixamos) e de que, para multiplicar un número decimal pola unidade seguida de ceros tedes que correr a coma hacia a dereita tantos lugares como ceros ten a unidade.

Exemplos : 25,7 x 10 = 257 ;      8,32 x 100 = 832



                                                 
   
A continuación facedes esta ficha ( a actividade 10 non hai que facela). 



Por último en SOCIAIS, continuades co "Repaso Trimestral" da páxina 93 realizando as actividades 4, 5 e 6.
A actividade 5 facédela nun folio e a actividade 6 facédela coa cidade da que elexistes a construcción na actividade 4.

Deixamos as solucións das fichas de NATURAIS para que comprobedes e corrixades.




Despedímonos facendo unha PETICIÓN ás familias.
Para levar ben un control cara a avaliación, necesitamos que nos enviedes as tarefas todas XUNTAS no MESMO CORREO e  CADA DÍA e a poder ser, que non estén en correos separados nin ao día seguinte, salvo excepcións (audios,vídeos, debuxos, repeticións...)

Estamos moi contentas polos folletos que nos enviástedes, invitan a coñecer eses lugares, e como algúns ademáis grabaron vídeos, imos amosalos para que poidades disfrutalos.
                                                   
                                              ANTÍA


DAMIÁN


DARÍO
                                                   
                                             ELENA

                                                 IRIA

                                               PABLO

                                               JORGE



MOI BEN FEITO RAPACES !!!

                                  👏👏👏👏

Ningún comentario:

Publicar un comentario

15 / 06 /2020

QUERIDAS FAMILIAS!!!       Rematamos este curso tan complicado e difícil que nos tocou vivir. As circunstancias non nos deixan que a...