plantas

plantas

xoves, 7 de maio de 2020

7 / 05 / 2020




BOS DÍAS !!!      😊 😊 😊

De  novo estamos aquí, unha xornada máis, propoñendo unhas tarefas que vos servan de REPASO e a súa vez, a algúns, coma RECUPERACIÓN dalgunha parte que non quedou superada ou pouco afianzada nas anteriores avaliacións.

Por iso insistimos tanto na execución e boa presentación do que nos enviedes.

O voso traballo diario será o que determine  o resultado final. En 
especial, os alumnos que non acadaron os estándares mínimos nalgunha materia .

Así que, insistamos máis no que non se nos da BEN para ir  mellorando pouco a pouco. ÁNIMO
.

En LINGUA GALEGA  voltades a ler "Aprendiz de chef " das páxinas 74 e 75 e a continuación seguides coas actividades 5, 6 e 7 da páxina 76.


En MATEMÁTICAS ides facer os problemas 25 e 27 da páxina 129. Non tedes que copiar os enunciados, pero sí poñer : 
Datos  -  Pregunta  -  Operación  -  Solución

Logo facedes esta división coa súa proba :

               7 5 9 3 8 4 2 : 6 3 =


Por último, en NATURAIS ides facer a ficha de Avaliación do Tema 4 (xa sabedes, podedes utilizar todos os recursos que teñades).Facela BEN, se supón que despois de traballar varias fichas de repaso, todos debedes acadar un bo resultado.





Despedímonos lembrándovos que os que teñan algunha tarefa 
pendente, poden seguir enviándoa (folleto, coronavirus...)

ATA MAÑÁN !!!  E DISFRUTADE CON MOITO COIDADO DAS VOSAS SAÍDAS.

                                                        🙋 🙋 🙋 🙋

Ningún comentario:

Publicar un comentario

15 / 06 /2020

QUERIDAS FAMILIAS!!!       Rematamos este curso tan complicado e difícil que nos tocou vivir. As circunstancias non nos deixan que a...