Benvidos e benvidas nais, pais, alumnas e alumnos de 4º ao noso blog!! Aquí poderedes atopar as actividades e tarefas necesarias para reforzar coñecementos e non baixar o ritmo nestes días na casa. Día a día iremos publicando o traballo a realizar comezando dende o luns 16 de Marzo.
plantas
martes, 26 de maio de 2020
26 / 05 / 2020
BENVIDOS A TOD@S !!!
Hoxe poremos as últimas actividades que nós, como titoras, imos a enviarvos esta semana, para que, os que aínda non rematástedes os retos da Xincana, teñades tempo dabondo para facelo, xa que si estivésemos no colexio, estaríamos coa Semana Cultural e queremos que esteades todos un pouco máis relaxados e disfrutedes destes tres días.
Así que comezamos ...
En LINGUA GALEGA, repasades o adxectivo nos recadros das páxinas 96 e 97 e a continuación facedes as actividades 3 e 4.
En MATEMÁTICAS ides facer esta ficha de repaso do Tema 6.
Por último, en SOCIAIS, ledes as páxinas 32, 33 e 34 para poder
realizar correctamente as actividades:
Páx.33 actividade 4
Páx.39 actividade 21
Rematamos e xa que non podemos facer festa disfrutade moito destes días e a polo RETO !!!
A SER FELICES RAPACES !!!
VOLTAMOS O LUNS !!!
luns, 25 de maio de 2020
25 / 05/ 2020
BOS DÍAS DE NOVO !!!
QUE FIN DE SEMANA MÁIS BO !!!
O TEMPO AXUDOU MOITO !!!
Pois se xa estamos listos, comezamos a semana.
En LINGUA CASTELÁ, ledes as reglas ortográficas dos recadros das páxinas 90 e 91 para facer ben o Taller do ditado. A continuación ledes con calma o ditado e copiádelo sin faltas de ortografía. Cando rematedes correxídelo e facedes a actividade 2. Coidado co orden alfabético.
En MATEMÁTICAS, repasar o cadro das Expresións complexas e incomplexas da páxina 92 e facer as actividades 1, 2 e 3.
En NATURAIS, iniciamos o repaso do tema 2.
Visualizamos este vídeo para recordar as características dos animais invertebrados.
A continuación, ledes con calma as páxinas 26 e 27 do libro e realizades as actividades 1 e 2 da páxina 27.
Por hoxe non vos pedimos nada máis, pero lembrade que o venres é o último día para conseguir o reto!!!
QUE PASEDES UN BO DÍA e ATA MAÑÁN !!!
venres, 22 de maio de 2020
22 / 05 / 2020
BOS DÍAS RAPACES !!!
Xa estamos de novo na fin de semana para poder relaxarnos e esquecernos un par de días das nosas obrigas escolares .
Imos comezar o máis axiña posible o noso traballo para rematar canto antes e poder disfrutar destes dous días de lecer.
En LINGUA GALEGA ides ler a receita "Galletas de manteiga"que aparece na páxina 84 do libro, e a continuación tedes que elaborar unha receita vós, onde aparezan os dous apartados : Ingredientes e Modo de preparación.
CÁLCULO. Coloca e efectúa :
367,2 + 5189,34 + 19,63 =
8594,3 - 965,17 =
4831,5 x 67 =
96827 : 43 =
Por último colledes o libro de SOCIAIS, onde comezamos a repasar o Tema 2. Ledes detidamente as páxinas 34 e 35, e realizades as actividades 7 ,8 e 10 desta páxina. Na actividade 8 hai un erro, debedes poñer que número (non que nome) corresponde a cada un destes mares.
Despedímonos desexándovos que o pasedes moi ben e que voltedes con moitas ganas de traballar a vindeira semana.
FELIZ FIN DE SEMANA E ATA O LUNS!!!
xoves, 21 de maio de 2020
21 / 05 / 2020
BOS DÍAS A TOD@S !!!
ANIMADOS PARA COMEZAR A XORNADA?? SI??
Pois empezamos...
En LINGUA CASTELÁ facedes a lectura "Viajar a París" e logo a ficha de Comprensión Lectora. É importante pensar ben as respostas antes de poñelas.
En MATEMÁTICAS ides repasar o Tema 6 "Tiempo y dinero". Ledes con calma o cadro da páxina 90, das horas, minutos e segundos para logo facer as actividades 1, 2 e 3.
En NATURAIS realizades a actividade 5 da páxina 19, onde hai que explicar paso a paso o proceso da polinización e debuxar a flor coas súas partes. Todo ven no libro, polo tanto facelo ben.
Rematamos, adicádelle un tempo ao RETO e disfrutade do resto do día.
ATA MAÑÁN E PASÁDEO BEN !!!
mércores, 20 de maio de 2020
20 / 05 / 2020
OLA TOD@S !!! 👪 👪 👪
Que tal levades o noso reto?
Xa sabedes que as actividades da Xincana son, a parte, das tarefas
diarias, así que, organizádevos ben que hai tempo para todo.
Comezamos con LINGUA GALEGA repasando o xénero e o número dos nomes nos recadros das páxinas 80 e 81 e facendo as actividades 1 da páx. 80 e 4 da páx. 81
En MATEMÁTICAS repasades o Tema 5 e facedes esta ficha:
Por último, en SOCIAIS, ides facer esta ficha sobre os climas de España. Podedes consultar nas páxinas 24 e 25 do libro.
Rematamos pedíndovos que todos xuntos, coas nosas aportacións fagamos que a Xincana do Confinamento sexa todo un éxito.
BO TRABALLO E ATA MAÑÁN !!!
😀 😀 😀
martes, 19 de maio de 2020
19 / 05 / 2020
BOS DÍAS !!!
ANIMADOS PARA COMEZAR?
Pois empezamos... así tedes tempo para seguir cos retos que nos
propuxeron aos de 4º para a "Xincana do confinamento"
En LINGUA CASTELÁ ides facer un repaso do Tema 5 e a continuación facedes esta ficha.
En MATEMÁTICAS repasades a "Suma e resta de fraccións de igual denominador" na páxina 82 e facedes as actividades 8, 9, 10 e 13 da páxina 85.
Por último colledes o libro de NATURAIS, repasades as páx.16 e 17 e realizades as actividades 14, 15, 16 e 17 (buscade a solución no libro).
Tamén deixamos este vídeo para que teñades máis información.
Rematamos un día máis desexándovos que pasedes unha xornada
feliz e, como xa sabedes, voltaremos mañán con novas propostas.
ATA PRONTO!!!
🙋🙋🙋
luns, 18 de maio de 2020
XINCANA
Como todos os meses de maio, o colexio celebrará unha Xincana,
que este ano, polas circunstancias nas que estamos vivindo, chamarase XINCANA DO CONFINAMENTO, onde cada curso realizará unha serie de actividades para participar que podedes ler a continuación.
ÁNIMO E A CONSEGUIR O RETO !!!
INSTRUCCIÓNS
da XINCANA
4º
PRIMARIA
Tendes
dende o Luns 18 ata o Venres 29 de Maio para completar os 6
retos que se explican nestas instruccións. Hai que enviar cada
reto conseguido ao enderezo do profe que se indica, e eles
confirmarán que podes tachalo da lista e seguir co seguinte!
Lembrade decir quen sodes, e en que curso estades!
Cando
remates todas
as tarefas envíame
un correo a ajcostas@edu.xunta.gal , para conseguir o teu premio!!
Adiante,
aquí están as tarefas!! Non fai falla facelas en orde!!!
- Constrúe un instrumento orixinal ou similar a un existente, sacade dúas ou tres fotos do proceso ou un pequeno vídeo e mandádello a marivilas59@gmail.com
- Mandade unha foto ou video falando EN INGLÉS das partes da casa nas que máis vos gustou estar estes días de confinamento, para ranipaz73@gmail.com
- Que sabes facer? Pensa en algo que sexas experto ou experta, calquera cousa que queiras compartir, ensinar ou no que podas axudar aos demáis. Pode estar relacionado cun deporte, unha materia escolar, un idioma, unha receita de cociña...E elabora o teu anuncio. https://drive.google.com/open?id=1MJsMVGgo8Cw2L__lJRIUhgbXj3mHh4Og . Enviádello a marietapon@gmail.com
- “Que non Caia!” O desafío que tedes que completar chámase: Que non Caia!! Faise complicado pero non imposible! Debedes inflar un globo ou coller unha pelota lixeira e realizar dez toques sen que caia ao chan. Xa vos estou a oir, “Alberto, iso non é complicado” “Pff isto faino meu irmán de primeiro” xa, xa, é que non me deixades rematar, os toques deben ser con calquera parte do corpo pero non vale facelos dúas veces consecutivas coa mesma parte! É dicir, podemos dar un coa man, outro co pé, outro coa cabeza, repetir coa man, pero non podemos dar dúas veces seguidas coa man, nin co pé, nin con ningunha das partes do noso corpo!Enviádello a ajcostas@edu.xunta.gal
- Escribiredes unha carta a un neno de outro país contándolle todo o que nos aconteceu aquí dende o día que nos dixeron que non podíamos ir ao cole e que esperades que pase de aquí en adiante. Contádelle ben que sentístedes cando vos dixeron que non podíamos ir ao cole, que cambios notástedes no voso día a día, que vivístedes na vosa casa, cousas que vos chaman a atención, comocreedes que será a volta ao cole… Sería importante que nos lerades a carta vos mesmos e o mandásedes nun audio acompañando a carta para que poidamos comprendela totalmente!Enviádello a ajcostas@edu.xunta.gal
- Escollede 2 ou máis cores que representen os vosos sentimentos. Facede un debuxo na man utilizando esas cores, sacade unha foto e explicade a través dun vídeo ou texto breve as cores escollidas. Enviade todo a oteromiguelez.lucia@gmail.com
18 / 05 / 2020
BOS DÍAS A TOD@S !!!
Benvidos unha semana máis !!!
Aínda que sexa unha obrigación, queremos darvos as grazas por
conectar con nós cada día e facer ese pequeno esforzo de continuar coas clases a distancia a través do noso blog.
Onte, 17 de Maio, foi o día das LETRAS GALEGAS, aínda que este ano pola situación que estamos vivindo non se pudo celebrar como outros anos, queremos facer unha pequena referencia a este día.
O homenaxeado foi RICARDO CARBALLO CALERO e para que saibades algo da súa vida imos deixarvos estes vídeos sobre el.
Despois de ver os vídeos, queremos que nos escribades, en LINGUA GALEGA, todo o que aprendéstedes deste autor.
Teredes que comezar así : O Día das Letras Galegas do ano 2020 estivo adicado a... e logo continuar con todo o que xa sabedes falando da súa vida e da súa obra.
En MATEMÁTICAS repasades a fracción dunha cantidade na páxina 80 (ler o cadro para lembrar como se calcula) e a continuación facedes as actividades 1 e 2 e os problemas 4 e 6.
En SOCIAIS realizades a actividade 30 da páx.26. Antes debedes ler as páx.22, 23, 24 e 25 do tema 1 para poder facer ben o exercicio proposto.
Para rematar, queremos compartir con tod@s vós as fotos que nos enviástedes das vosas familias !!!
MOITAS GRAZAS A TOD@S POLA VOSA IMPLICACIÓN !!!
PASADE UN BO DÍA E ATA MAÑÁN !!!
venres, 15 de maio de 2020
15 / 05 / 2020
BOS DÍAS FAMILIAS !!!
Benvidos a tod@s neste día tan especial, hoxe, 15 de maio, celebramos o "DÍA INTERNACIONAL DA FAMILIA" e queremos celebralo
con algún pequeno xesto.
Comezamos con estas citas.
"A FAMILIA é onde a vida comeza
e o amor nunca remata"
"A miña FAMILIA é a miña forza e a miña debilidade,
non é algo, o é todo"
Así que imos homenaxear as nosas familias adicándolles o traballo de hoxe.
O primeiro que ides facer vai ser unha CARTA de agradecemento a vosa familia onde lle contedes o contentos que estades de pertenecer a ela e o ben que vos sentides por todo o que vos dan. Podedes facela en galego ou en castelán.
Agora facedes un pouco de CÁLCULO ( coidado coa colocación dos números decimais).
Coloca e efectúa :
6473,85 + 91,4 + 285,17 =
8352,5 - 743,82 =
2749,3 x 56 =
95738 : 34 =
Por último ledes as páx.14 e15 do libro de NATURAIS sobre a "Nutrición das plantas" e facedes as actividades 11,12 e 13 da páx.15.
Pero antes visualizades este vídeo para repasar conceptos anteriores e aprender algún novo.
Rematamos por hoxe, propoñéndovos que nos enviedes unfa foto da vosa familia, e ademáis, si queredes, podedes acompañala cun debuxo desa mesma foto.
DISFRUTADE MOITO DA VOSA FAMILIA !!!
VOLTAMOS O LUNS !!!
xoves, 14 de maio de 2020
14 / 05 / 2020
BOS DÍAS E BENVIDOS A NOSA AULA!!! 😊😊😊
Comezamos coas actividades programadas para o día de hoxe
para que poidades enviar os correos o antes posible.
En LINGUA CASTELÁ seguides coas actividades 2, 3 ,4, 5 e 9 da Comprensión lectora da páxina 75 ( debedes facer de novo a lectura para poder contestar ás preguntas).
En MATEMÁTICAS repasades a páxina 79 "Comparación de fraccións coa unidade" e a continuación facedes as actividades 1, 2, 3 e 4.
Por último traballaredes SOCIAIS. Podedes comezar vendo
este vídeo sobre o tempo atmosférico .
Fíxadevos ben na diferencia entre o tempo e o clima.
Despois colledes o libro e realizades as actividades 28 e 29 da páxina 26.
Rematamos con este REFRÁN:
"Cómo comer é diario traballar diariamente
é necesario".
Así que non protestedes por facer as tarefas .O noso consello é
que traballedes entre as 10 e as 12 da mañán, non é moito. Non Si ?
ATA MAÑÁN E BO DÍA A TODOS !!!
🙋🙋🙋🙋
mércores, 13 de maio de 2020
13 / 05 / 2020
BOS DÍAS FAMILIAS !!!
Xa estamos na metade da semana e queremos que sepades que estamos moi contentas de que tod@s estedes conectad@s diariamente con nós a través destas páxinas e por iso mandarvos felicitacións polo voso traballo, aínda que ás veces sexa duro poñerse, ou non o poidades facer todo o ben que vos gustaría.
Hoxe comezades con LINGUA GALEGA repasando as palabras compostas na páxina 79 e facendo as actividades 4, 5 e 6.
En MATEMÁTICAS repasades a Comparación e ordenación de fraccións na páxina 78 e a continuación facedes esta ficha :
Rematades con NATURAIS. Ledes as páxinas 12 e 13 e realizades as actividades 7, 8 e 9 desta páxina.
Rematamos por hoxe, concentrarvos en facer ben as tarefas e continuaremos mañán.
QUE TEÑADES UN FELIZ DÍA !!!
martes, 12 de maio de 2020
12 / 05 / 2020
BOS DÍAS !!!
BENVIDOS A TOD@S !!!
De novo estamos aquí, cunha nova proposta de tarefas para que realicedes no día de hoxe.
Sen máis perda de tempo... comezamos.
En LINGUA CASTELÁ voltades a ler as páxinas 72 e 73, "La isla del tesoro" con moita calma para poder comprendelo ben e facer todas as actividades da páxina 74. Copiades o enunciado (de cor azul) e a continuación só tedes que escribir as respostas correctas.
En MATEMÁTICAS repasades as fraccións decimáis e os números decimáis na páxina 76 e facedes as actividades 1, 4, 5 e 7 (neste exercicio fixarvos que o recipiente está dividido en 10 partes) das pax.76 e 77.
En SOCIAIS, seguides repasando o Tema 1, continuades coas actividades 34, 35 e 36 do repaso da páx.27.
Estas actividades corresponden ao que mandamos ler na
sesión anterior, o que non sepa as respostas que consulte no libro.
Xa rematamos por hoxe, pedímosvos que realicedes as tarefas
pola mañán e enviedes os correos canto antes para ser correxidos.
ATA MAÑÁN E PASÁDEO BEN !!!
✋✋✋
luns, 11 de maio de 2020
11 / 05 / 2020
BOS DÍAS e BENVID@S DE NOVO !!!
Que tal a fin de semana?
Esperamos que a disfrutárades moito, polo menos, xa non tedes que estar sempre na casa e así o tempo pásase mellor NON SI?
POLO TANTO, CON GANAS E COMEZAMOS...
En LINGUA GALEGA ides facer unha lectura sobre o "Alfabeto Braille" e logo a ficha de comprensión.
En MATEMÁTICAS repasades as fraccións na páxina 74 do libro e a continuación facedes as actividades 3, 4, 8 e 9 das pax. 74 e 75.
Por último en NATURAIS, ides repasar o Tema 1, ledes as páx.8 e 9. Logo realizades as actividades desta páxina 1, 2, 3, 4.
Son actividades de pensar e aplicar o que acabades de ler, non contestar o primeiro que se vos ocorra. DACORDO?
Rematamos e voltaremos mañán con novos retos.
COIDÁDEVOS MOITO E BO DÍA A TODOS!!!
🙆🙆🙆
venres, 8 de maio de 2020
8 / 05 / 2020
BOS DÍAS A TOD@S !!! 😃 😃 😃
Xa estamos de novo na FIN DE SEMANA, así que... para poder
disfrutala canto antes, imos poñer moitas ganas e facer o traballo
de hoxe o mellor que posible.
En LINGUA CASTELÁ ides rematar o Repaso Trimestral da páxina 135 facendo as actividades 13 e 14. Despois ledes o ditado e copiádelo con boa letra e sin faltas de ortografía.
En MATEMÁTICAS, repasades a multiplicación dun número decimal por un natural con este cadro que vos deixamos.
A continuación facedes esta ficha de repaso :
En SOCIAIS ledes as páxinas 14, 15, 16 e 17 do Tema 1 do libro para recordar e poder facer escritas as actividades 32 ,33 e 34 do" Repaso da unidade " da páx. 27.
Para rematar, deixamos as solucións da Avaliación de Naturais para comparar, completar ou correxir.
Esperamos que pasedes unha boa fin de semana e voltedes cargad@s de ENERXÍA .
VOLTAMOS O LUNS !!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
15 / 06 /2020
QUERIDAS FAMILIAS!!! Rematamos este curso tan complicado e difícil que nos tocou vivir. As circunstancias non nos deixan que a...

-
BOS DÍAS A TOD@S!!! Que tal estades? Preparados para comezar o traballo proposto para hoxe ? Si? Pois imos aló!!! Empezamos po...
-
Coller o libro de lingua galega pola páxina 130 e ler o texto da actividade 1 e as normas ortográficas das palabras que se escriben con ...
-
BOS DÍAS !!! Como levades a volta ao COLE ??? Que tal coas tarefas de onte ? As profes estamos un pouco preocupadas porque non sabe...